O TSXG ratifica a pena de 2 anos de cárcere para un acusado de vender varias doses de cocaína en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por un home, condenado por tráfico de drogas, e confirmou a pena de dous anos de prisión, que se lle impuxo por vender tres dose de cocaína a dous compradores en Santiago de Compostela. Os feitos ocorreron en abril de 2022, cando a Policía observou en dúas ocasións ao sospeitoso realizando senllas vendas da droga. Posteriormente, nun rexistro do seu domicilio, os axentes atoparon un paquete de bolsas, ao que lle faltaban varias unidades, que coincidía cos envoltorios da droga entregada neses intercambios, así como 1.390 euros en billetes fraccionados.

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na capital compostelá, condenou a este home en setembro de 2023 a 2 anos de cárcere e ao pago dunha multa de case 260 euros por un delito contra a saúde pública. A defensa presentou recurso de apelación, alegando que non se valorou correctamente a proba, e argumentando que ningún dos compradores identificou ao acusado, e que este non tiña droga en casa.

Non entanto, o TSXG desestimou o recurso e confirmou a condena, ao entender que ten máis credibilidade o testemuño dos axentes de policía que fixeron o dispositivo de vixilancia, que o do propio acusado e o dos seus 'clientes'. Ademais, sinala o alto tribunal, na súa vivenda atopáronse bolsas iguais ás que foron intervidas coa droga, e diñeiro fraccionado do que o acusado non puido concretar a súa procedencia.

'Trapicheo' de drogas
'Trapicheo' de drogas | Fonte: Cuartoscuro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta