Podemos Galicia e Esquerda Unida coinciden en artellar un espazo común e plural

Podemos Galicia e Esquerda Unida informan dun recente encontro no marco das negociacións de cara a unha candidatura conxunta para as xerais. Polo de agora non hai fórmulas concretas pero, como apuntaba a coordinadora de Yolanda Díaz esta fin de semana, as negociacións avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/08/2015 | Actualizada ás 22:49

Comparte esta noticia

"Tras o recente encontro de Podemos Galicia con EU queremos trasladar que ambas as dúas formacións compartimos a análise da actual realidade social e política", explican dende Podemos.

Breogán Riobóo, secretario de Podemos Galicia, na TVG
Breogán Riobóo, secretario de Podemos Galicia, na TVG

Dende Esquerda Unida sinálase que "dende esta visión compartida, xorde a necesidade de participar nun espazo común e conformado pola vontade de persoas dispostas a traballar para aglutinar forzas e provocar un cambio real que supere ao escenario partidista actual. Ambas organizacións coincidimos na importancia do eixo programático que ha de ser o elemento de unión prioritario e irrenunciable co que, colectivamente, debemos definir o proxecto que provoque o cambio e que vele polo ben común".

As dúas formacións destacan a importancia de seguir a manter contacto con outros actores sociais e políticos e explorar as vías de colaboración para a xestación dun espazo integrador o máis amplo e plural posible. Eu destaca en concreto que "Compostela Aberta, Ferrol en Común  ou Marea Atlántica son exemplos de que a unidade popular é o que demanda o pobo e que naceu para quedarse e mellorar as cousas".

Pola súa banda, Podemos Galicia di que segue traballando pola confección do bloque social e político do cambio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Militante de base

Dende EU xuntámonos con todo o mundo para lograr a unidade popular. Podemos non debe quedar o marxe por vetos, tampouco o BNG e os demáis. O importante e ter programa común e estar a altura desde tempos, para o que se precisa ademáis participación ciudadá e non soamente partidos. Vai ser dificil para todos, un reto, pero parece posibel a día de hoxe facelo.

2 Aki 838

Desculpade. O que se está decidindo aquí non é quen vai ir con quen, senón como vai romper AGE. Canto tempo pode sosteñer Beiras ese discurso de fronte ampla con quen non ten a independenza na axenda. É normal que Yolanda e compañía se arrimen a Podemos e desaparezan do mapa (cun carguiño en Madrid, que é para onde miran), pero quere iso Anova?

1 Gamela

E onde anda metida a Marea de Vigo (16.227 votos missing) ? Rubén and Company ? Coidado porque a xente a pode levar o vento! Especialmente cando os PROGRAMAS teñen pouco ou nada que ver coa REALIDADE política do país... https://www.reddit.com/r/PlazaGalic...