Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2024 | Actualizada ás 11:51
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o decreto da Xunta que regula o procedemento para a acreditación de centros sanitarios. Será obrigatorio para os públicos, mentres que para os privados só será esixible no caso de que queiran contratar co Servizo Galego de Saúde (Sergas).
No entanto, este requisito pódese exceptuar a "motivadamente, por razóns de interese público, urxencia vital ou necesidades urxentes" do sistema sanitario, tal e como matiza a continuación o decreto. Con esta nova normativa, tal e como destaca o Goberno galego, establécese "un procedemento de avaliación técnica, independente e obxectiva" para a acreditación dun centro sanitario con base en 43 indicadores dun total de 10 categorías.
Así, valoraranse, entre outros, aspectos relativos aos dereitos dos pacientes, á calidade asistencial e a súa mellora continua, á continuidade da atención, á seguridade do paciente, así como á planificación, xestión e avaliación dos recursos humanos e a súa formación.
En función dos estándares establecidos e por un período de catro anos, cada centro poderá conseguir a acreditación en grao básico, cando o cumprimento dos indicadores chega ata un 75 por cento, ou en grao superior, cando o centro supera esa porcentaxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.