Ferrol estreará un monumento en recordo ás vítimas do franquismo no Parque Antón Varela

Consistirá nunha escultura, realizada por Manuel Patinha de forma desinteresada, que terá 900 nomes de repesaliados da zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2024 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A cidade de Ferrol contará desde este sábado cun monumento en recordo ás vítimas da represión franquista que estará emprazado no parque Antón Varela, no barrio de Canido.

Consistirá nunha gran escultura, obra do artista local de orixe lusa Manuel Patinha, e cunha inscrición cos nomes dos máis de 900 falecidos por esta causa nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

A inauguración desenvolverase desde as 12.00 horas, tal e como asegurou o edil de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far (PP). Será, nas súas palabras, "un acto emotivo, pola súa propia natureza, ao que hai que sumar a presenza de moitos familiares das vítimas".

Será "un monumento máis no patrimonio monumental da cidade e que foi posible grazas ao empeño, traballo e perseveranza de moitas persoas", dixo o concelleiro, en alusión a varias entidades que durante os últimos anos traballaron para ver realizado esta homenaxe, en alusión ao historiador Xosé Manuel Suárez Martínez, á Asociación Memoria Histórica Democrática e á Comisión Prol-memorial.

Ponche Far detallou que con esta escultura preténdese "dignificar ás vítimas, non porque non tivesen dignidade antes", senón que hai que 'redignificar', xa que os falecidos "eran persoas normais, coas súas ideas, pero que un momento histórico foilles arrebatada a súa dignidade polo réxime gobernante".

Por iso, "ten que ser algo que nos leve a entendernos mellor" e que sendo "Ferrol unha cidade singular en moitas cousas, isto pódenos levar tamén ao terreo da reconciliación", insistiu.

ELABORACIÓN GRATUÍTA

Pola súa banda, Manuel Patinha detallou que esta obra "se escapa un pouco á filosofía con respecto aos traballos que habitualmente facía", xa que foi elabora como "un monumento para honrar ás vítimas, ás que se lles anulou a súa vida".

O artista de orixe lusa elaborou esta peza de maneira completamente desinteresada, sen ningún tipo de beneficio económico, detallado que o seu obxectivo foi "o perpetuar a esas persoas e busca tamén a reconciliación".

Para el, esta escultura ten "un sentido de realización como un acto de amor". "E espero que se poidan ver eses valores nunha sociedade de convivencia e de gran respecto", sentenciou.

Exterior do Concello de Ferrol
Exterior do Concello de Ferrol | Fonte: galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta