O 72 % dos galegos descoñece os seus dereitos

Os galegos suspenden en coñecementos legais: un 36 % asegura que non sabe como funciona o noso sistema xudicial, segundo se reflexa no estudo de onLygal 'Necesidades e percepcións sobre as solucións legais'.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 02/03/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O 72 % dos galegos asegura "descoñecer en gran medida os seus dereitos" e un 36 % admite non saber como funciona o noso sistema xudicial. Así o recolle o estudo 'Necesidades e percepcións sobre as solucións legais', elaborado por onLygal, a compañía especializada en solucións legais de proteción xurídica e servizos legais (antes DAS Seguros) que evidencia un claro descoñecemento do ámbito legal por parte da sociedade. En concreto, a autoavaliación do seu coñecemento sobre leis e dereitos legais sitúa a nota media no aprobado raspado, cun 5,1.

Edificio dos xulgados de Vigo
Edificio dos xulgados de Vigo | Fonte: MIGUEL RIOPA - COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO - Arquivo

O informe, que afonda nos coñecementos legais dos cidadáns e as súas experiencias co ámbito legal, desvela que o 35 % dos galegos plantexouse emprender accións legais nalgunha ocasión. Non obstante, só o 24 % asegura telas levado a cabo. Así, un 15 % dos galegos tería demandado á súa empresa se tivera recursos económicos e tempo para comezar un proceso xudicial. Servizos profesionais contratados (11 %), o xefe ou un compañeiro de traballo (9 %), veciños (8 %) ou parella/exparella (7 %), completan o listado de suxeitos aos que lles tivera gustado demandar no último ano.

"Aínda que ao longo da nosa vida sentimos que os nosos dereitos foron vulnerados, a decisión de comezar un proceso xudicial baséase en sopesar os custes directos (honorarios de avogados, costes xudiciais...) e indirectos (tempo, estrés...) cos beneficios potenciais de gañar o caso. Cando os costes percibidos superan os beneficios agardados xérase unha barreira que nos impide emprender accións legais", explica Natalia Mañas, responsable do Centro de Atención Xurídica de onLygal. En concreto, o estudo apunta aos custes económicos como a barreira principal para non emprender accións legais, seguidos da complexidade dos procesos; evitar problemas e estrés; a inseguridade ante como pode rematar a demanda, ou non coñecer ningún servizo legal de confianza. 

ÁMBITOS E DUDAS LEGAIS MÁIS HABITUAIS

De acordo co estudo realizado por onLygal, no conxunto de España as principais dudas legais están relacionadas con impostos (34 %), herdanzas (28 %), xubilación (26 %), solicitude de axudas e subvencións (26 %) e baixas laborais (26 %). "Os asuntos que teñen un impacto directo na economía familiar son os que xeran maiores dúbidas e, por tanto, o impacto dunha decisión mal tomada favorece as consultas a profesionais", engade Mañas.

Dudas legais dos últimos dous anos
Dudas legais dos últimos dous anos | Fonte: onLygal

INTERNET, IMPORTANTE FONTE DE COÑECEMENTOS LEGAIS

En canto á fonte dos seus coñecementos legais, a metade dos españois afirma que proceden de lecturas e publicacións, sendo importante destacar que un 39 % despexa as súas dúbidas a través de buscas por Internet. "Internet deu acceso a numerosas fontes de información especializadas, pero hai que ter en conta que moitas delas non están acreditadas e que o cidadán non invirte tempo en verificar a credibilidade da información antes de aplicala ou compartila, evidenciándose a necesidade de contar cunha asesoría legal cualificada", explica a responsable do Centro de Atención Xurídica de onLygal.

SEGUROS DE PROTECCIÓN XURÍDICA

Coñecer as tarifas e como funcionan os custes, recibir información sobre os servizos e a transparencia do procedemento, así como a duración dos procesos xudiciais son os elementos máis valorados polos cidadáns á hora de plantexarse contratar calquera tipo de solución legal. Todos eles apuntan á necesidade de xerar maior confianza cara un servizo que a miúdo se percibe como complexo e caro.

A proporción de persoas que acuden aos servizos de avogados para clarificar as principais dudas legais (relacionadas con impostos, herdanzas, xubilación, solicitude de axudas e subvencións, baixas laborais, aluguer, estafas...) é bastante significativa. En relación cos seguros de defensa xurídica ou protección legal, só tres de cada dez entrevistados afirman coñecelos.

"Non obstante, explicadas as coberturas deste tipo de seguros de defensa xurídica, as persoas consultadas amosaron interese neles (media de 3,2 sobre 5). Este dato confirma a nosa experiencia e ratifica a nosa aposta por ofertar servizos e seguros axustados ás necesidades reais das persoas e empresas, para acompañalos no seu día a día e facerlles a vida máis fácil, proporcionándolles as solucións que precisan para conseguir os seus obxectivos", conclúe Mañas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta