Renfe emite en Galicia case 69.000 abonos gratuítos de proximidade, Media Distancia e Avant ao 50%

Teñen validez ata o próximo 30 de abril, poden adquirirse en calquera momento durante o seu período de vixencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Renfe emitiu en Galicia preto de 69.000 abonos para viaxeiros recorrentes nos seus servizos de Media Distancia, Proximidades Ancho Métrico e Avant bonificados ao 50%. Estes abonos, con validez ata o próximo 30 de abril, poden adquirirse en calquera momento durante o seu período de vixencia.

Do total de títulos expedidos, 68.770 corresponden a abonos gratuítos para Media Distancia e Proximidades, e os 216 restantes para o servizo Avant, bonificado ao 50%, que une Ourense con Zamora, A Gudiña e Sanabria.

A nivel nacional, superáronse os dous millóns de abonos gratuítos emitidos para Proximidades, Rodalies e Media Distancia e servizos Avant bonificados ao 50%.

Do total de títulos multiviaxe gratuítos expedidos por Renfe, máis de 1,4 millóns corresponden a abonos para viaxar nos diferentes núcleos de proximidade, Rodalies e Proximidades Ancho Métrico, mentres que os abonos de Media Distancia superan os 500.000.

Ademais dos abonos gratuítos para clientes recorrentes, Renfe expediu preto de 75.000 títulos con descontos do 50% de Avant para utilizar nos servizos de Media Distancia de alta velocidade.

Tren. RENFE
Tren. RENFE

NOVAS MEDIDAS "ANTIFRAUDE"

Renfe implementará a partir do venres novas medidas "antifraude" para os billetes bonificados de Avant, informa nun comunicado deste xoves. Non poderán formalizarse viaxes para dúas ou máis trens consecutivos se o tempo entre ambas as viaxes é inferior ao triplo do traxecto e a cancelación da praza reservada deberá facerse como mínimo unha hora antes.

Se o usuario non aplica a normativa de cancelación en dúas ocasións, recibirá un aviso de Renfe e, á terceira, "perderá o dereito a comprar novos abonos" durante 90 días. A empresa lembrou que "continua realizando controis aleatorios" a bordo dos trens e nos controis de acceso e que os abonos son nominativos, polo que requiren que a identidade do viaxeiro coincida coa do titular do abono.

Lamentou que hai usuarios que "reservan diversas prazas e despois non viaxan e tampouco as anulan", o que provoca que o tren apareza como completo cando hai prazas desocupadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta