Os refuxiados ucraínos acollidos pola Deputación da Coruña desde o inicio da guerra superan o centenar

O organismo provincial destaca que se conseguiu "unha integración laboral do 30%".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Os refuxiados ucraínos acollidos pola Deputación da Coruña desde o inicio da guerra superan o centenar, segundo informa o organismo provincial. En concreto, foron 109 no IES Rosalía Mera, a maior parte dos cales están xa nunha segunda fase de integración social fora do centro.

A institución provincial achega estes datos despois de que o Consello de Contas destacase o labor da institución coruñesa na atención aos refuxiados ucraínos.

O informe realizado a este respecto destaca que a Deputación da Coruña puxo en marcha un plan "completo e específico" e que se conseguiu "unha integración laboral do 30%, que resulta plausible tomando a fase de formación como parte do proceso" e que os resultados do programa "mostran unha escolarización do 100%".

Do mesmo xeito, o Consello subliña que a documentación remitida pola Deputación para facilitar a súa tarefa fiscalizadora "é completa e analítica, o que permite unha revisión áxil do seu contido e repercusión".

Un grupo de refuxiados ucraínos á súa chegada a Santiago de Compostela
Un grupo de refuxiados ucraínos á súa chegada a Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta