Atopan a un ciclista semiinconsciente nunha zona forestal de Cangas

Foi levado ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/03/2024 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Os servizos de Emerxencias rescataron nas últimas horas a un ciclista de 42 anos de idade que foi achado semiinconsciente nunha zona forestal do municipio pontevedrés de Cangas, e que foi evacuado en ambulancia ao hospital Povisa de Vigo.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, foi a Policía Local de Cangas a que contactou con Emerxencias pasadas as 19,00 horas deste mércores. Os axentes solicitaban asistencia para un ciclista que sufrira unha caída nunha zona de monte, nun camiño próximo a un circuíto de motocrós, na parroquia de Darbo.

O CIAE 112 Galicia informou do ocorrido ao 061, a Protección Civil, Garda Civil e aos bombeiros do parque comarcal do Morrazo. Dadas as dificultades para acceder ao lugar onde se atopaba o ciclista ferido, os servizos de Emerxencia tiveron que transportalo en vehículo todoterreo ata a zona á que puido chegar a ambulancia, a uns dous quilómetros, para a súa posterior evacuación.

Dous ciclistas nunha carreira ciclodeportiva
Dous ciclistas nunha carreira ciclodeportiva | Fonte: Kike Recuncho - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta