Galicia é o territorio con máis mortes por afogamento no que vai de 2024, con 11

Galicia rexistrou un total de nove falecementos por afogamento en espazos acuáticos durante o mes de febreiro, que marcou a nivel estatal a cifra máis alta da última década con 33 mortes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de nove falecementos por afogamento en espazos acuáticos durante o mes de febreiro, que marcou a nivel estatal a cifra máis alta da última década con 33 mortes. Destas, case un terzo producíronse en augas galegas, que suman un total de 11 mortes no que vai de ano, segundo as cifras achegadas este xoves pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.

Así, Galicia foi unha das 13 comunidades nas que houbo mortes por afogamento en espazos acuáticos no peor febreiro desde 2016, cando se rexistraron 30. Deste xeito, 2024 presenta o segundo peor arranque da serie histórica de mortes por afogamento con 52 decesos nos seus primeiros dous meses, cifra só superada, precisamente, coas 53 do ano 2016. Así as cousas, Galicia é o territorio con máis falecementos no que vai de 2024 con 11, por diante de Andalucía (7), Canarias (6) e Comunidade Valenciana (5).

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda | Fonte: Agostime

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta