Consulta o cartel dos tres días do Son do Camiño

Green Day, o xoves; Mike Towers, o venres; e Melendi, o sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O Son do Camiño presentou a repartición de artistas por día para os próximos xoves 30 de maio, venres 31 e sábado 1 de xuño. Green Day e J Balvin actuarán o xoves; mentres que o venres farano Pet Shop Boys e Mike Towers; e xa o sábado, Thirty Seconds to Mars e Melendi.

Lembran nun comunicado que o festival esgotou os seus abonos nunhas horas e que os que saíron á venda a semana pasada tras reestruturacións da produción tamén están a piques de esgotarse. As entradas diarias sairán á venda este próximo xoves 14 de marzo ás 13,00 horas en www.osondocamino.es

O xoves 30 de maio será a quenda artistas internacionais como Green Day e J Balvin, acompañados por outros nacionais como Arde Bogotá, Fernandocosta e Berto. Tamén estarán The Interrupters, Mattn, Hot Milk e Maryland.

O novo e terceiro escenario do festival santiagués Son Electro by Repsol, especializado na música electrónica, contará o xoves 30 con Trym, Patrick Mason, Daria Kolosava, Kalte Liebe (Live), Parkineos, Barbara Lago e Kike Varela.

O venres 31 contará con Pet Shop Boys, Myke Towers, Love Of Lesbian, Natos e Waor, Icona Pop, La Oreja de Van Gogh, Recycled J, Judeline, Marilia Monzón e Monoulious DOP estarán nos dous escenarios do mítico auditorio. Pola súa banda, en Son Electro by Repsol estarán Solardo, Ben Hemsley, Viviana Casanova, Cristina Tosio, Toni Varga e Richi Risco.

Xa a última xornada, será a quenda de Thirty Seconds To Mars, Melendi, Tom Odell, Rels B, Wade, Ana Mena, Baiuca, BB Trickz, Carlos Ares e New Wave Kill. En Son Electro By Repsol, Vitalic (Live), Tiida, Âme Hendrik Schwarz (Live9; Héctor Llamazares, Karras Martínes e Grobas.

Arquivo - Unha moza pon unha pulseira na zona de acampada no festival Oson de Camiño, no Monte do Gozo, a 15 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha moza pon unha pulseira na zona de acampada no festival Oson de Camiño, no Monte do Gozo, a 15 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta