A Xunta nega tensión do aluguer en Galicia e di que o 95% dos propietarios "son do montón"

A conselleira Ángeles Vázquez é reacia a declarar "zonas de aluguer tensionado" e pide documentación para avalalas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que a Xunta "non se nega" á declaración de zonas de aluguer tensionado, aínda que "non o vai a facer de oficio", e pediu aos concellos que "avalen con documentos" a solicitude.

Así se manifestou a preguntas dos medios este luns nunha visita ao Biopolo da Sionlla, onde apuntou que de Santiago de Compostela non lles chegou ningunha solicitude e da Coruña chegoulles "unha instancia" á que solicitaron documentación que, tal e como asegurou, "aínda" non chegou ao departamento autonómico.

Sobre a postura da capital galega, Ángeles Vázquez insistiu en que "o que ten que facer a alcaldesa", Goretti Sanmartín, é "traballar". "Se ela quere dar resposta ao mercado tensionado, o primeiro que ten que facer é solicitalo. Non hai solicitude na Xunta, non existe instancia nin solicitude, o único que existe é unha declaración de intencións que se fai a viva voz", criticou.

Así mesmo, Vázquez reiterou que "hai que cumprir a lei", que pode parecer "máis ou menos estrita". Con todo, afirmou que esta normativa "consecuencias boas non vai ter ningunha".

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez  / Xunta / Europa Press
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez / Xunta / Europa Press

ANÁLISE

Neste contexto, sinalou que o que ten que facer cada concello é "analizar que zona quere declarar como zona tensionada". Para iso, detallou, "ten que saber o número de grandes tenedores nesa zona, e só naqueles pisos ou vivendas que levan máis de 5 anos sen alugar pódeselles topar o prezo".

Tamén lembrou que hai que "perimetrar", facilitarlle á Xunta esa información e "planificar ao longo duns anos como lle vai a dar solución", así como "destinar o 20% de chan público a vivenda pública". "Iso é o que teñen que facer, non se se lles parece complicado ou non", aseverou.

Nesta liña, avanzou que no caso de Galicia "menos do 5% son grandes propietarios", mentres que "o 95% restante son persoas do montón, dos cales dese 95% o 35% dos propietarios de pisos que alugan son xubilados".

A partir de aí, opinou, o que hai que facer é "dar seguridade xurídica, para que aqueles pisos que están baleiros poidan saír a alugar". É nese punto no que a vicepresidenta segunda entende que hai que "traballar, profundar e axilizar as licenzas para que os promotores non estean dous ou tres anos sen poder construír".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta