Trece anos de prisión para o mozo que apuñalou mortalmente a un home ante un pub de Santiago o pasado ano

O seu irmán, que participou na pelexa, foi condenado a cinco anos por lesións dolosas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/03/2024 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 13 anos e medio de cárcere ao mozo que matou en xaneiro de 2023 a un home ás portas do club La Grandota, en Santiago de Compostela, e a cinco anos de cárcere ao seu irmán, que colaborou na liorta suxeitando á vítima. Así, de acordo co veredicto do tribunal de xurado, a sala imponlle a pena ao primeiro dos acusados como autor dun delito de homicidio, mentres que ao seu irmán atribúelle un delito de lesións dolosas en concurso cun delito de homicidio imprudente. A Audiencia tamén os condenou ao pago dunha indemnización de 290.000 euros á parella e ao fillo do falecido.

Os irmáns Víctor e Michael Delgado Holguín, de orixe colombiana, mantiveron unha pelexa ás portas do pub La Grandota co dominicano Gregory Furcal, de 31 anos, o 2 de xaneiro de 2023. No transcurso da mesma, Víctor apuñalou polo menos en 3 ocasións á vítima, mentres que o seu irmán golpeábao e suxeitábao no chan. Unha das lesións seccionoulle a arteria femoral, o que provocou a súa morte uns días despois no Hospital Clínico de Santiago.

Os acusados durante a lectura do veredicto
Os acusados durante a lectura do veredicto | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta