Un dicionário galego con 1.300 consultas diarias

É obra do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, que acaba de ser Premio Arraiano Maior 2015.

Por Galicia Confidencial | Xerés | 22/09/2015 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O e-Estraviz, un dos máis completo dicionarios galegos con 130.666 entradas totais, recibiu 474.904 consultas nos últimos doce meses, o que supón unha media diaria de consultas de 1.300.

Isaac Alonso Estraviz
Isaac Alonso Estraviz | Fonte: Galipedia

Publicado orixinalmente en papel, desde hai máis dunha década, tamén está na internet. Este dicionario permite realizar buscas na ortografía do CL-AGAL e do ILG-RAG.

Ao fronte deste proxecto está o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, que acaba de recibir o Premio Arraiano Maior 2015. “É unha persoa de ben, referente ético e comprometido coa cultura e o territorio arraiano”, destaca a asociación cultural Arraianos, que convoca este premio ao salientar o seu “traballo sen descanso” para que o galego recupere o seu esplendor. 

Isaac Alonso Estraviz (Vila Seca, 1935) é licenciado Filosofia e Letras, Filoloxía Románica e doutor en Filoloxía Galega. Entre 1947 e 1960 estivo no Mosteiro de Oseira, onde foi ordenado sacerdote en 1959 e desde onde estableceu ligazón co galeguismo de ultramar con motivo da convocatoria do Premio de Ensaio Curros Enríquez da que foi gañador. Tras unha fase de desterro nunha etapa histórica convulsa, en 1975 comezou a traballar como profesor de Língua e Literatura Galegas no Ateneo e na Irmandade Galega-Lóstrego de Madrid, onde cursou a licenciatura de Filoloxía Románica con Manuel Alvar, Dámaso Alonso ou Lázaro Carreter.

Como Profesor de Bacharelato percorreu varias vilas e cidades galegas (Rúa, Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, Santiago de Compostela, Vigo, Coruña, Ordes) até obter destino definitivo no Instituto Otero Pedraio de Ourense. En 1986 asistiu como observador ao Encontro sobre Unificación Ortográfica da Língua Galego-Portuguesa no Río de Janeiro. Desde 1990 é profesor de didáctica na Universidade de Vigo.

Aínda que tamén é escritor de ficción (Contos con reviravolta: arando no mencer; 1973), tradutor de textos litúrxicos, do Manifesto Comunista ou de grandes obras da literatura contemporánea como a Sibila de Agustina Bessa-Luís, Isaac Alonso Estraviz é moito máis coñecido como lexicógrafo e mesmo como editor do Dicionário galego ilustrado “Nos” (1983) e do Dicionário da língua galega (1986), reeditado en 1995 e actualmente disponíbel para a consulta electrónica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

9 Boer

Viva o fascismo imperialista portuñol do Estraviz.

1 echn

Outro que bebeu demais. Portuñol máis ben é o ILGRAG

8 Neija

Moi ben, tamén hai dicionarios on-line de élfico, máis ou menos da mesma utilidade ca este haha.

7 25tA

Non debía estar permitida a ortografía dese diccionario, chamada por algúns lusofascista, por outros de Resistencia Galega, por outros reintegrata, etc.

1 Por outros galego

Vella teima fascista: prohibir a diversidade. Cheiras a can!

2 4HwF

"prohibir a diversidade" Mira que fala, os que persiguen todo o que non sexa portugués estándar.

3 Catalacruz

O que non debía estar permitido é trolear co que non se sabe: O Estraviz é referencia tanto para a Real Academia Galega como para a Española...Ten entradas que os demáis nin teñen, nin saben de qué van. Asi que, fascistas españoleiros, primeiro ler logo criticar... e deixade os ciumes porque vos están dando paos por todos lados, traballade.

4 3vUH

O Antigo Testamento tamén foi inspirado no Estraviz, e O Capital de Karl Marx e o libro ese de Hitler, "a minha luta galego-portuguesa"

5 Catalacruz

Vai e mira "sinalética" no Estraviz, na RAE e na RAG...E mira o que che pode inspirar o termo: palerma da cona.

6 Catalacruz

Qué pasou? hai un minuto estabas por aquí...guíate polas sinais a ver se atopas algo: https://www.google.es/search?q=sina...

7 Catalacruz

Fai sonar o "chifre" cando acabes de bailar na punta da pezuña.

6 XeAH

Copiar as palabras portuguesas e facelas pasar por galegas, debe estar escarallandose coa risa. Bueno, e cos seus amigos da ultra dereita de portugal.

1 bueno, buenisimo

A ultradereita es ti, española por suposto que é a "buena". Debes coidar un pouco máis o teu galego de impostor para que cheguemos a crer a trola difamadora. "Bueno", en galego non cola!

2 nTJa

"Bueno" é unha verba usada polos galegos, igual que "boutade", "leader", "zamarra", etc... as palabras do dicionario do tipo que se reune con ultras portugueses non as usa ninguén.

3 Gustavo

"Bueno", en galego non cola! E "colar" por "coar" tampouco coa, en galego ou en portugués (colar= unir, pegar). Donde as dan....

4 ...as tomam

Gustavo, rematar com quatro pontos, são muitos pontos... Sobra um em galego, em castelhano, em francês, em inglês... Ao fascista troleiro, nem água!

5 Foucellas

Como dixo Suso de Toro, son tempos de comer carne "humana", e por iso dá igual se falamos de política ou de lingüística. Eu non son reitegracionaista, pero como diría Castelao,quen teña algo que aportar a esta obra que o faga. O que non sabía Castelao e que Galiza estaría chea de xenreira e cainismo.