Un dicionário galego con 1.300 consultas diarias

É obra do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, que acaba de ser Premio Arraiano Maior 2015.

Por Galicia Confidencial | Xerés | 22/09/2015 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O e-Estraviz, un dos máis completo dicionarios galegos con 130.666 entradas totais, recibiu 474.904 consultas nos últimos doce meses, o que supón unha media diaria de consultas de 1.300.

Isaac Alonso Estraviz
Isaac Alonso Estraviz | Fonte: Galipedia

Publicado orixinalmente en papel, desde hai máis dunha década, tamén está na internet. Este dicionario permite realizar buscas na ortografía do CL-AGAL e do ILG-RAG.

Ao fronte deste proxecto está o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, que acaba de recibir o Premio Arraiano Maior 2015. “É unha persoa de ben, referente ético e comprometido coa cultura e o territorio arraiano”, destaca a asociación cultural Arraianos, que convoca este premio ao salientar o seu “traballo sen descanso” para que o galego recupere o seu esplendor. 

Isaac Alonso Estraviz (Vila Seca, 1935) é licenciado Filosofia e Letras, Filoloxía Románica e doutor en Filoloxía Galega. Entre 1947 e 1960 estivo no Mosteiro de Oseira, onde foi ordenado sacerdote en 1959 e desde onde estableceu ligazón co galeguismo de ultramar con motivo da convocatoria do Premio de Ensaio Curros Enríquez da que foi gañador. Tras unha fase de desterro nunha etapa histórica convulsa, en 1975 comezou a traballar como profesor de Língua e Literatura Galegas no Ateneo e na Irmandade Galega-Lóstrego de Madrid, onde cursou a licenciatura de Filoloxía Románica con Manuel Alvar, Dámaso Alonso ou Lázaro Carreter.

Como Profesor de Bacharelato percorreu varias vilas e cidades galegas (Rúa, Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, Santiago de Compostela, Vigo, Coruña, Ordes) até obter destino definitivo no Instituto Otero Pedraio de Ourense. En 1986 asistiu como observador ao Encontro sobre Unificación Ortográfica da Língua Galego-Portuguesa no Río de Janeiro. Desde 1990 é profesor de didáctica na Universidade de Vigo.

Aínda que tamén é escritor de ficción (Contos con reviravolta: arando no mencer; 1973), tradutor de textos litúrxicos, do Manifesto Comunista ou de grandes obras da literatura contemporánea como a Sibila de Agustina Bessa-Luís, Isaac Alonso Estraviz é moito máis coñecido como lexicógrafo e mesmo como editor do Dicionário galego ilustrado “Nos” (1983) e do Dicionário da língua galega (1986), reeditado en 1995 e actualmente disponíbel para a consulta electrónica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

4 Foucellas

Como dixo Suso de Toro, son tempos de comer carne "humana", e por iso dá igual se falamos de política ou de lingüística. Eu non son reitegracionaista, pero como diría Castelao,quen teña algo que aportar a esta obra que o faga. O que non sabía Castelao e que Galiza estaría chea de xenreira e cainismo.

3 jos

Parabéns para o grande Estraviz. Um prémio bem merecido a toda uma vida de generoso trabalho e compromisso com a Galiza e a sua língua dificilmente igualável.

2 Dalmau

Copypaste Priberam + Xerais. Aplausos.

1 Silgada

Moi sintético, Dalmau! Podíase dicir en menos palabras. Por exemplo en dúas: "unha trapallada". Agora ben: chegache a ver o Dicionario algunha vez?, falache algunha vez con Isaac sobre o léxico? Por favor, volve a ler outra vez aquílo de "Copypaste Priberan+ Xerais". Non esquezas poñer a man no corazón cando o leas de novo.

2 Burrada sen pensar

O Dalmau é o típico troll nacionalista espanhol sen saír do armario. Eu, sen ter grande conhecemento na materia (nen grande nen medio) tenho que consultar o Priberam e o Estraviz, e non son nen similares. O que sí que non uso é o Xeráis porque só val para te comunicar coa Xunta (cousa que non necesito, de momento), e non che val pra nada unha vez que saes de Pedrafita, nen saíndo por Valença.

3 jos

Para honrar a verdade o G.D.Xerais da Lingua iniciou os seus trabalhos no 92. E para a revisão, publicada em 2009, pediram-lhe a Estraviz os seu trabalho. Quanto à Priberam, nem existia aquando se publicou a versão escrita do Isaac. Em qualquer caso, todos colheitam o mesmo, só que atendem a marcos diferentes. O Xerais até se mete na leira do vizinho por vezes. O Estraviz, que também permite consulta em AO penso que é a melhor colheita para a Gallaecia (GZ esp+N de Pt)

1 Odoíno

Bem o merece... O seu trabalho pola língua e a cultura do País assim como outros compromisos, define-o como um homem de bem.

1 nostrus

Pode ser un home tan de ben como S. Juan de la Cruz ou Sta. Teresa de Jesus, todos moi comprometidos coa sua fe, pero os comprometidos co benestar e felicidade da xente non hai dúbida de que son de ben.

2 Papuxa

Si, pero nunca chegará a acadar a santidade coma Sor "Metílica",e Frei "Posadas".

3 nostrus

Cierto Papuxa, pero eso se debe a que mientras uno es entregado a su fe y a sus aficiones, los otros son entregados a la libertad de la gente para que escoja la lengua que quiera

4 Silgada

Coincido con Vde. Nostrus: "Mientras uno es entregado a su fe y a sus aficiones, los otros son entregados a la libertad...". Entre estes "otros" está Isaac Alonso Estraviz. Busque algunha información sobre o seu inxente traballo en favor da liberdade en Albacete, nos arrabaldos de Madrid, na periferia de Lisboa... Descubra quen é humanamente Isaac. Deixe de lado a Lexicografía. Xa verá!