Gran suba da compra de vivendas en Galicia, máis dun 20% en xaneiro

Os datos constrastan co que pasa no Estado, onde houbo unha baixada dun 2,1%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 20,5% o pasado xaneiro en comparación co mesmo mes de 2023, ata situarse nos 2.184 inmobles, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, Galicia rexistrou un comportamento contrario á media do estado, xa que no total de España a compravenda de vivendas baixou nun 2,1%, ata 54.346 unidades. Do total de domicilios adquiridos no primeiro mes do ano en Galicia, 465 eran novos (+29,5%) e 1.719, usados (+18,3%). Ademais, a gran maioría era vivenda libre, con 2.116, mentres que só 68 eran protexidas.

Do total de pisos e casas vendidos en Galicia, 1.064 estaban na Coruña (+21,5%); 282, en Lugo (+20%); 203, en Ourense (+5,2%), e 635, en Pontevedra (+25%). En Galicia transmitíronse un total de 4.176 vivendas, das cales 2.184 foron por compravenda, mentres que se doaron 58, se permutaron 4 e herdáronse 1.035. Ademais, 895 foron transmitidas doutras maneiras. Ademais, transmitíronse 10.741 leiras na Comunidade en xaneiro, sendo 2.928 rústicas e o resto urbanas.

Compravenda de vivenda
Compravenda de vivenda | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta