Rueda evita criticar a Miguel Ángel Rodríguez pero celebra que non se dea esa "crispación" en Galicia

 O Colexio de Xornalistas reclama o cesamento inmediato do responsble de

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A polémica pola actuación do xefe de gabinete de Ayuso, Miguel Ángel Rodríguez, con algúns xornalistas de medios de esquerdas tamén chegaron a Galicia. Preguntado por esta cuestión, o  presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, evitou criticar a súa actuación pero celebrou que a "crispación" da política que se reflicte en Madrid non se dea en Galicia.

Rueda asegurou que só coñecía este asunto polos medios polo que rexeitou "xulgalo". Tras iso, sostivo que, "en xeral", a "crispación non é boa". "E alégrome moitísimo de que en Galicia, en xeral, por parte de todas as forzas políticas, estas situacións de crispación que coñecemos doutros lugares aquí non se produzan", afirmou.

Por outra banda, sobre este asunto, a xunta de goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia reclamou o "cesamento inmediato e fulminante" de Miguel Ángel Rodríguez como asesor da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, xa que "só con esta medida poden a Comunidade e a súa presidenta tratar de recuperar o seu papel institucional e democrático, que se viu erosionado gravemente estas semanas polos ataques do xefe de gabinete á liberdade de prensa".

"Se continuasen coa inacción ou, peor aínda, co apoio a este tipo de atropelos, significaría o aliñamento desta administración coas prácticas daniñas contra o exercicio do xornalismo", asegura. "Lonxe de seren unha anécdota máis da crispación política, todos estes movementos representan un ataque intolerábel á liberdade de prensa, cun plan orquestrado de desgaste que, para evitar a difusión de informacións prexudiciais ou desviar o foco de atención, non dúbida en utilizar calquera medio: a intimidación, o sinalamento e a propagación de noticias falsas", denuncia este órgano colexiado.

Serie de Whatssaps de Miguel Ángel Rodríguez a unha xornalista
Serie de Whatssaps de Miguel Ángel Rodríguez a unha xornalista | Fonte: El Diario

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta