Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/03/2024 | Actualizada ás 13:35
As mariscadoras de Arcade, en Soutomaior, denuncian "prácticas abusivas e inxustificadas" da Confraría de Pescadores, "impondo unilateralmente unha cota desproporcionada a un colectivo feminizado sen recursos" ao que, engaden, lles "impiden realizar" os traballos propios da súa profesión. Así o indican nun comunicado con motivo dunha protesta este luns en rexeitamento "a unha sobrecuota a todas as mariscadoras e mariscadores de máis de 650 euros" cando, engaden, o colectivo pagou en 2023 "50 euros".
A protesta convocouse tras varias reunións coa Confraría "nas que, en reiteradas ocasións, o patrón maior e parte da xunta directiva se pecharon en banda a favor dunha contribución a maiores de cada socio de máis de 650 euros, sen que presentasen ningún informe de contas que avale e xustifique a débeda que supostamente afecta a toda a Confraría".
"Ademais, nas sucesivas reunións dos socios e socias cos responsables da confraría producíronse outras incidencias como a presentación dun proxecto aos GALP sen que tivese coñecemento e fora aprobado en xunta xeral", engaden.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.