Pacientes de cancro presentan denuncia ante a Valedora do Pobo polas deficiencias de tratamento no Sergas

Piden que se estableza o dereito á atención plena e rematar coas longas listas de agarda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/03/2024 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS xunto cun total de 15 pacientes, presentou unha queixa colectiva ante a Valedora do Pobo, entidade que tutela a defensa dos dereitos individuais e colectivos dos cidadáns de Galicia, ante a vulneración reiterada de dereitos que están sufrindo os e as pacientes oncolóxicas ao non recibiren a atención prevista nos protocolos que se deberían seguir no tratamento das súas doenzas.

Pacientes de cancro piden amparo á Valedora do Pobo polas deficiencias do tratamento no CHUS
Pacientes de cancro piden amparo á Valedora do Pobo polas deficiencias do tratamento no CHUS | Fonte: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS

Na actualidade seguen suspendidas as consultas presenciais de probas diagnósticas de control, seguimento e avaliación. Isto supón, por parte da Xerencia da área sanitaria un incumprimento do código deontolóxico da profesión médica ao deixar de velar por que as prestacións se adapten ás necesidades asistenciais da poboación. Unha decisión de natureza administrativa ou xerencial que socava o dereito de atención personalizada pola carencia de recursos humanos, constitúe un acto contrario ao citado código, que expresamente obriga aos facultativos con responsabilidades directivas a eliminar calquera obstáculo que impida a relación directa, inmediata e en tempo adecuado médico-paciente.  

"A xerencia e o servizo de oncoloxía do CHUS están deixando de prestar o seguimento dos tratamentos ou procedementos terapéuticos incluídos na carteira básica de servizo especializados recoñecidos no RD 1030/2006 do 15 de setembro, vulnerando así o principio de prestación obrigatoria e non dispoñibilidade por parte das administracións competentes en materia sanitaria", denuncia esta entidade. 

Así, critica que as persoas que padecen esta doenza están soportando demoras de entre 1 e 8 meses desde a data en que se deberon realizar as consultas e sofren a incerteza e a presión psicolóxica que representa unha demora na atención e na información ante un eventual rebrote dunha enfermidade que no ano 2022 provocou en Galiza ofalecemento de 8225 persoas. "Ademais, ao non realizar as consultas presenciais, estase deixando de prestar información plena, veraz e comprensible sobre o resultado das probas diagnósticas, e, deste xeito, estase confiscando o dereito a información", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta