Feridos tres nenos unha colisión en cadea en Ribadumia

Houbo catro veículos implicados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Tres menores resultaron feridos este luns tras unha colisión por alcance con catro coches implicados no municipio pontevedrés de Ribadumia. Pouco antes das 17,30 horas desta tarde, un particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre catro vehículos, na parroquia de Barrantes.

A pesar de que o alertante explicara que só se produciron danos materiais, os membros de Protección Civil de Cambados, unha vez xa no lugar onde ocorreu a colisión, indicaron que había un total de tres nenos feridos que finalmente foron trasladados por un familiar.

Protección Civil permaneceu no punto á espera dun guindastre para poder retirar un dos turismos accidentados. Ademais de Protección Civil de Cambados, desde o 112 Galicia tamén se informou aos Bombeiros de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Ribadumia.

Colisión múltiple
Colisión múltiple | Fonte: CONCELLO DE CAMBRE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta