Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 13:36
As queimas de restos agrícolas en Galicia poden volver realizarse desde este martes, xornada na que se abre de novo a xanela para comunicar estas accións e na que xa poderán levalas a cabo aqueles particulares con permiso vixente antes de que se decretase a prohibición o pasado 21 de marzo.
Diso informou a Consellería do Medio Rural este martes a través dun comunicado no que explica que xa poden pedirse novos permisos na web habilitada e a través do teléfono '012'.
As persoas que pidan autorización nesta nova xanela poderán levalas a cabo a partir do xoves para cumprir coa normativa que establece un prazo de dous días entre comunicación e queima. A Xunta lembra que o permiso deixará de ter validez os días que rexistren fortes ventos ou altas temperaturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.