Por Amanda Fernández | Lugo | 02/04/2024 | Actualizada ás 22:00
A hipotética chegada da macrocelulosa de Altri traduciuse en múltiples cifras do negativo impacto mediambiental da súa implantación. Porén, desde o Galicia Confidencial, queremos contar as historias desas persoas que verían cambiar a súa vida tal e como a coñecen se isto se converte nunha realidade. Cantos perderán a súa actividade económica en detrimento deses novos postos que xeraría a fábrica? Chegamos ao lugar de A Vacariza, no concello de Palas de Rei, a uns 500 metros desas fincas onde se construiría a celulosa de Altri. Coñecemos a José Manuel Cea e María Soledad Cea e as súas fillas Mónica e Isabel. Teñen unha explotación gandeira e recoñecen que a suposta chegada aféctalles directamente pola ubicación da fábrica e "polos seus accesos". Relata o pai: "O acceso principal pola pista de Quintas, estanos levando parte do terreo, estanos abrindo as fincas, polo que teriamos que pechar a nosa explotación porque non poderiamos sacar o gando por onde hoxe pastorea todos os días. Engade a súa filla Mónica: "Información ningunha, só nos din que van a expropiar ese terreo, tres fincas son propias da parcela onde se instala e a maiores estarían os accesos. Estamos bastante afectados porque vivimos disto, non temos outros recursos".
Esta familia de gandeiros expresa que non recibiron información ningunha "nin a nivel local nin da Xunta, non veu ninguén". Din que se enteraron coa publicación no DOG e que iso confirmou os rumores de que ía ocupar máis do que decían, nese momento foron conscientes de que ian ser afectados directos. "E tal a documentación que, evidentemente, para unha persoa de a pé é imposible ler todo isto. Dos accesos enterámonos aos días, que se planea un acceso temporal, mal chamado temporal, porque imos ver como o deixan, que lles afecta a meus pais e a un total de sete fincas", conta Mónica.
Unha das vacas da familia CeaVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
En síntese, para a instalación da fábrica collerían tres fincas para a súa implantación e para os accesos, esta familia vería como lles empregan un total de sete fincas. "Véndencho como se fose unha mellora dos accesos que quedarían para a xente, como facendo un favor, cando realmente tamén che van expropiar terreos e deixar toda esa superficie inutilizada, a parte dos inconvintes que trae no día a día para mover o gando, todo iso xa sen entrar na contaminación que imos ter con iso aí o lado", comentan ambas fillas.
"AS VACAS NON QUEREN ESE MOVEMENTO"
Mónica conta que expoñen no proxecto que unha das razóns para traer esa macrocelulosa ata este lugar "é que hai pouca xente, polo que menos xente afectada polas emisións". Afirma que aí "xa están recoñecendo esa afectación". "Sempre se escudan en que cumpren cos límites da normativa, pero iso non é suficiente", fai fincapé. A fábrica estaría a 500 metros da súa casa, polo que lamentan terían unha cheminea coa que se levantarán todas as mañás con unha nube de fume. María Soledad pensa no movemento que haberá próximo para a súa edificación que será "como unha carretera xeral" e céntrase nas súas vacas que "non queren ese movemento". José Manuel ante isto resignado di que terían que chamar a Benestar animal para ver que fan co gando: "O animal non pode estar preso, son unhas 35 vacas de leite e para que podamos acceder ás fincas con elas terémolo difícil. Hoxe en dían saen pacer todos os días en diferentes terreos".
Mónica comenta que, ante a falta dalgún tipo de explicación e ao verse totalmente desamparados, souberon dun grupo de xente que estaba investigando do tema, a plataforma Ulloa Viva. "Foi en decembro cando miña irmá e máis eu participamos nunha reunión informativa que confirmaba que ía ser unha celulosa, no canto do que dicían que ía ser. Empezamos a formar parte da plataforma e agora todo o que sabemos é a través da mesma, que está axudanto a presentar alegacións ata o 17 de abril".
Días atrás houbo unha primeira aproximación da empresa cos veciños, Mónica e Isabel comentan: "Dicíannos que xa se establecera un contacto cos veciños da zona onde se ía implantar, mentira, de feito o propio Leandro Quintás, dixo que non lle respondían aos correos. Viñeron dicir catro cousas, non responderon nin sequera a todas as preguntas que se lles fixo, escudáronse en que eles non exercerían as expropiacións, é verdade, a man executora será a Xunta. Dito isto, respostas aos veciños, cero, dicían que a cantidade do aire vai ser infima, iso é insultante ou que non irán químicos a auga. Iso non o poden dicir".
"Meus pais son afectados directos, estanse xogando o seu modo de vida, o seu fogar, un fogar que ocuparon aquí os seus antepasados por tempo e tempo, son os dous de aquí de toda a vida. Estamos na aldea da Vacariza, hai tres casas ocupadas e tres valeiras. Ao lado temos a finca de Quintas, isto pertence a Palas de Rei, aínda que está moi cerca de Melide, de Santiso e de Agolada ata a ría de Arousa, incluso xente de Monterroso, Antas, Arzúa, veríase afectada pola recollida de auga e vertedura de químicos", lamenta Mónica.
CONFIANZA CEGA: 'ALTRI NON'
As dúas fillas teñen máis que claro que isto "falla por todos os lados" i é un "despropósito". Agora confían en que non saia para adiante, aínda cando no inicio estiveron moi negativas. "Meus pais preguntábanse como iamos loitar contra todo isto ao vernos desamparados, pero ao final coa plataforma Ulloa Viva formouse unha gran loita veciñal, que quero deixar claro, que foi desde o seu comenzo e está sendo unha loita veciñal de moita xente de diferentes cores, que decidimos xuntarnos e apoiarnos entre nós. Estamos recibindo máis axuda e benvida sexa, eu tamén me quero centrar no presente. Convidamos a toda a xente que mire o proxecto, que o estude e que quen queira botarse atrás, aínda ten tempo de facelo", comenta Mónica.
Cando lle preguntamos aos proxenitores, nótase que non o teñen tan claro como as súas fillas e José Manuel solta un "imos ver", mentres que María Soledad reivindica que é o seu rural, que sempre o foi, que loitaron por el e grazas aos seus antepasados e a eles mesmos hoxe é o que é. "Meus pais están coidando o rural e demándase que a xente quede, pero tamén esiximos que miren por nós, hai que axudar e non traer unha macroempresa para que nos veña botar da casa", indica Mónica. A súa irmá Isabel convida a reflexionar sobre o modelo de propoñen: "Os postos de traballo que se van destruír? Eu son veterinaria e traballo nesta cortorna con moitas granxas de leite e de carne, en pastoreo, e que producen un producto de calidade, e imos acabar con iso. Se finalmente se implanta esa celulosa aí acabamos cos gandeiros da zona e detrás deles imos todos os profesionais que vivimos diso e traballamos para eles e outras empresas que os sirvan. Creamos novos postos de traballo e recortamos outros, a costa da saúde pública, xa que vai enfermar á xente e os animáis. Non hai por onde collelo".
Para rematar a conversa, María Soledad expresa que o primeiro que esperaban era que viñesen falar con eles e deran unha explicación: "Así é todo é o noso terreo e foi de toda a vida, polo que loitamos". Replica José Manuel: "Pois quérennolo sacar".
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
3 Ferroviario
2 anonimo
1 XancResultados eleccións Galegas 2024 en Palas de Rei: PP 64% dos votos... Galicia Rueda. A Galicia que funciona.
1 JoséClaro, como en Palas votaron asi, téñense que foder tamén na Arousa.
2 AntíaE non será que o BNG apoiou antes esa merdallada e estivo moi caladiño durante as eleccións para falar desa macrocelulosa, non fora a ser que perdera votiños?. Igual se tivera alertado antes, os resultados eran ben diferentes.
3 JoséImpórtanme pouco os votos, os votantes e máis os partidos. E tamén as leas do tipo de "perder votiños". O que conta é o que hai: un proxecto que vai estragar un río, unha ría e un país enteiro.
4 XancOs que poñen, fan e desfán proxectos, son os que a xente coloca co seu votiño... Os que levan os votiños, son os que van cometer esta barbarie. Pouco nos pasa... Quen autoriza, proxecta, promove, tramita... agora mesmo son Rueda e o seu equipo. Nin máis nin menos.
5 JoséBueno, pois ti sigue a levarlle os votiños ao PP, ao Psoe, ao BNG ou a María Santisma. Outros seguiremos cantando como Zeca Afonso o de "o povo é o que mais ordena..", ainda que ás veces dean gañas de zoscarlle unha a máis de un...
6 LoisinO povo xa ordenou... PP a tope! A xente quere Rueda
7 SentidiñoA xente non votou Altri: votou o menos malo de acordo coa súa interpretación da realidade, e os seus intereses. Mais unha causa xusta debe ser defendida con independencia da cantidade de apoios públicos que reciba. O goberno que haxa sempre vai interpretar a oposición aos seus proxectos como unha campaña política. Mesmo os apoios dos partidos na oposición reforzan a posición do partido no goberno. Mais somos as persoas, unha a unha, as que lexitimamos ou non as actuacións de quen nos goberna.¿Gústache esta noticia?
- Inundacións históricas en Galicia: cando o Sar e o Umia encheron as rúas de Caldas e Padrón con 1,5 m de auga
- PP e o grupo de Jácome aproban este venres o plan de estabilización de emprego temporal de Ourense
- Localizado o veciño de Meis que buscaban no río Umia
- A USC elixida para facer o censo de persoas vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista
- Galicia pretende pór fin ao problema de saúde pública que supón o radón con estas cinco medidas
- Aparatoso accidente en Toén: Un camión remata no fondo dun terraplén tras saírse da vía e dar varias voltas de campá