Dous cans de raza pitbull matan a catro ovellas, tres galiñas e un coello en Ferrol

Escapáronse da parcela onde estaban no barrio de Catabois e accederon a unha leira dun veciño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Dous cans de raza pitbull mataron a última hora da tarde do pasado domingo a catro ovellas, tres galiñas e un coello que se atopaban na parcela dunha vivenda unifamiliar situada na rúa Toimil, no barrio de Catabois de Ferrol.

Segundo puido saber Europa Press os cans teñen a documentación en regra e a propietaria fíxose cargo dos mesmos, que escaparían do recinto onde se atopaban saltando o muro ou rompendo o valo para acceder á propiedade na que se atopaban os animais que apareceron mortos.

Á zona desprazáronse axentes da Policía Local de Ferrol, que se encargaron de recoller os testemuños dos propietarios das ovellas, galiñas e coello como dos cans para realizar un informe, ademais de dar traslado á unidade de Medio Ambiente.

Un coche da Policía Local
Un coche da Policía Local | Fonte: CONCELLO DE FERROL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta