O BNG fixa como prioridades para A Coruña na nova etapa parlamentaria un plan viario comarcal

As deputadas Mercedes Queixas e Iria Taibo insisten nos "moitos" deberes pendentes da Xunta coa comarca da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O BNG fixou como prioridades para A Coruña na nova etapa parlamentaria un plan viario comarcal, a culminación de infraestruturas como a Vía Ártabra ou o impulso da área metropolitana. Así o expuxeron as deputadas Mercedes Queixas e Iria Taibo, que se estrea na Cámara galega, xunto ao responsable comarcal do BNG, Daniel Carballada.

Entre os obxectivos do novo grupo parlamentario do BNG e xa en relación á cidade heruclina, incidiron na necesidade de declarala como zona residencial tensionada en materia de vivenda. "A ver se é capaz Rueda de dicirlle ás coruñesas e coruñeses que esta cidade non ten un grave problema de acceso á vivenda e que non ten que ser declarada zona residencial tensionada", expuxo Mercedes Queixas, quen asegurou que abordarán este tema.

Pola súa banda, Iria Taibo avanzou que unha das primeiras iniciativas do BNG será a proposta dun novo plan viario comarcal, xunto coa Vía Ártabra. "Son moitos os deberes pendentes da Xunta coa comarca da Coruña", remarcou Queixas.

Rolda de prensa das deputadas do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas e Iria Taibo. BNG
Rolda de prensa das deputadas do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas e Iria Taibo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta