Negar as ideoloxías é un engano

Esta a reeditarse a vella proposta cuxo enunciado é : servir "ás persoas" e non ás "ideas". Tal afirmación merece algunha aclaracion de partida. Si a xente non necesita de ideoloxía porque ela non é a que lle resolve os problemas, para que a política e as organizacións políticas? Parece que tal afirmación contén moita miopía, é oportunista, populista, acientifica e finalmente, non deixa de ser un engano. Instalados nesa negación ideoloxica non é dificil que aparezan “ salvadores”.

Por Fermín Paz | As Pontes | 04/10/2015

Comparte esta noticia
O problema é que hai xente que non dubida en apoiar esta especie de “pragmátismo” que  fala da necesidade de resolver os problemas  mais non é quen de dicirnos, como se amañan e con que prioridades. Non me estraña que o Vaticano imparta esta doutrina está no seu rol, pero mais noxento é, subirse ao carro da política e o mesmo tempo, negar e renegar da política. Hai moitos exemplos do que acabo de dicir  tanto na vella como na nova política.
 
Vou enfiar a defensa dunha idea. A  clase traballadora e en xeral a xente do común, precisa dunha ideoloxía e mais de organización para poder defender os seus intereres axeitadamente. Fai unhos dias, o Sr, Raxoi  volveu a impartir o seu “maxisterio ” cunha especie de metafora con vasos e pratos. Ainda que moit@s, non acertaron a enterdelo, falou a súa maneira, de economía e politica, achegandonos  a fenomenoloxía do reparto da riqueza, deixando claro que o que reparte sempre se queda coa mellor parte. As  mais das veces a ideoloxía agachase por interes politico explicando  moi ben  a realidade do populismo, talvez  o pior deles. Hai un dito que faigo meu, “ se non atopas unha organización politica a que apoiar, non votes a@s culpables dos teus pesadelos”.
 
Si nalgún momento a loita de clases púxose de manifesto con toda a súa contundencia, é agora. Quen  acorda  das afirmacións que dita teses era un invento de Carlos Marx, que nada tiña que ver coa realidade e si nalgún tempo puido ter xustificación politica, hoxe , non tiña fundamento, pois estabamos diante dunha nova estructuración social coa preponderancia dunha “clase media” puxante e xa que logo, dita loita estaba felizmente superada. E nisto, chegou unha nova necesidade de axuste e de reparto e acumulación da riqueza, que chamaron crise, e armouse a de...
 
Deixarei a ironía. Desde que o mundo é mundo, a ubicación dos seres humanos en torno ao aparello produtivo determina distintos intereses, moitas veces opostos, que van variando precisamente coa evolución  ou involución e algunha que outra revolución, incluíndo neste ultimo fenomeno, aos mesmos aparellos produtivos, que tamén teñen moito que ver no carallo (crise) montado polo sistema hegemonico, o capitalismo
 
O modo de produción actual ten os seus límites e como consecuencia, as ganancias sofren disputa en forma de guerra, e non só economica. A tecnoloxía do sistema produtivo é universal e a primacía do sistema capitalista fai que esa tecnoloxía sexa manexada polos complexos empresariais multinacionais, impoñendo as condicións do mercado. EE.UU. ten unha débeda do Estado que na actualidade sitúase en máis de 17,9 billóns de dólares (a finais do ano 2000,  a súa débeda nacional estaba en 5.700 millóns de dólares), e a única solución manexada a nivel dos seus axentes políticos diante do perigo do corte da cadea de pagos é do seu aumento por iso a reserva federal, emite maior cantidade de dólares e as demas economías, seguidismo puro.
 
O capitalismo transformou tambien a loita de clases, de tal modo que, as organizacións de clase nas súas diferentes modalidades e expresións, tamén sufriron desprazamentos no seu que facer. A apropiación da plusvalía do traballad@r non foi para facer só procesos de investimento senon que moitas veces foron simplemente especulativos, e sen moitos límites, porque de poñerllos ,din os defendores de tal desproposito, o ultimo que  vote o poxigo “ o chiringuito” no que convertiron a economía. Logo da segunda guerra mundial a revolución neoliberal liquidou as hexemonías dos estados configurados daquel xeito e iniciou o proceso polo cal ditos entes, están sometidos a directivas internacionais.
 
Nada disto é mecánico nin automático, subsisten as diferenzas marcadas entre os países, pero estas van deixando paso a unha maior fractura social que fai que os pobres do mundo (de todo o mundo) parézanse máis entre si, mentres os burgueses adoptan formas e costumes que son universais. Por iso é polo que a crise é fundamentalmente política e tampouco escaparían a esta análise, as organizacións sindicais nacionais e internacionais hexemonicas (que se converteron neste proceso de asimilación en institucións do sistema), xa que é notorio que en todo este proceso de axuste, adecuaron a súa estratexia de acción á contención en determinados limites da loita de clases. Asi explicaríase por contradictorio, o recorte de dereitos sociolaborales, do traballo e do seu regulación contractual  cunha baixa conflictividad laboral e social. Do mesmo xeito poderiamos explicar a transformación da loita de clases nunha clase de loitas sen ningun norte político e no mellor dos casos, tratando de aminorar os impactos das agresións.
 
Nada do que afirmo, quere poñer en cuestión o que hoxe se está facendo en defensa da xente do común en moitas partes do mundo, pero é un intento de valoración global do modo de produción predominante no mundo e da necesidade  que ten a clase obreira de erguer un proxecto político.
 
Puidese parecer trasnoitada a vella discusión entre reforma e revolución, pero non está de mais o recordatorio, porque a realidade actual do modo de produción condiciona a escena nacional e mundial, de tal xeito que as alternativas, se situan claramente entre estes dous polos opostos. A primacía do sistema capitalista mantense porque o poder e a riqueza atesourada utilízase por terra , mar e aire para incrementar a rentabilidad dos investimentos sexan ou non especulativos.
 
Cantas verdades incuestionables nas escolas de economía estan hoxe acreditadas como mentiras puras e duras As moedas non teñen equilibrio nin respaldo, o seu valor (prezo), é esencialmente político. Ademais práctican a estupidez a diario, ao falarnos de tipos de cambio coma se a súa regulación dependese dunha man invisible e neutra. Que dicir dos impostos que xa non poden equilibrar os orzamentos por centrarse case en exclusiva no traballo e no consumo ( a clase traballadora é exprimida ata a ultima pinga do seu existir), mentres os especuladores e as grandes fortunas campan ás súas anchas ao o longo e ancho do mundo. 
 
Para seguir mantendo o sistema coas súas contradicións, teñen que falar de reformas, non lles queda outra. Cada vez teñen menos tempo para medir universalmente as relacións monetarias de xeito xusto e equilibrada, rematar cos paraísos fiscais, deixar de seguir sangrando cos impostos ao consumo e ao traballo sen esquecerse de poñer unha taxa ou imposto á circulación do diñeiro.
 
Pero si empecei con Marx, tratarei de finalizar co mesmo autor,... ao capitalismo non se pode reformar parcialmente senón que é necesaria unha revolución...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.