Novo peche no Álvaro Cunqueiro porque "este hospital é unha estafa"

Os traballadores alertan da suspensión de opercións debido a falta de camas e persoal. O cadro de persoal do inicia un novo peche, sumándose aos celadores. ;entres o presidente da Xunta móstrase "orgulloso" do centro durante a sesión de control no Parlamento. AGE acúsao de provocar o "caos na sanidade pública". Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo / Santiago | 30/09/2015 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O cadro de persoal da área de Vigo súmase ao peche dos celadores, que cumpren tres días de peche, no Álvaro Cunqueiro. Os representantes dos traballadores denuncian que "non hai máis que problemas" no novo hospital vigués.

Traballadores de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG
Traballadores de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG

O inicio do peche, que se produciu arredor das 10.30 horas na entrada das consultas e que durante a noite se trasladará á entrada principal do centro, estivo acompañado dunha concentración de traballadores/as e dunha pequena manifestación polo exterior do edificio na que se berraron consignas como “Goberne quen goberne a sanidade non se vende”, “Queremos un hospital e non unha sucursal”, “Conselleira dimisión” ou “Álvaro Cunqueiro, hospital chafalleiro”.

Durante o percorrido polo exterior do hospital atopáronse cunha usuaria en cadeira de rodas que denunciaba o feito de que o edificio non fose construído respectando a normativa para evitar as barreiras arquitectónicas. “En todo o perímetro non teño onde deixar o coche de xeito que poida acceder porque puxeron bolardos en todas as esquinas”, lamentou. Mentres que no interior do centro médico a protesta coincidiu coas longas colas que se forman mentres a xente agarda para pedir cita para as consultas.

Ao remate da protesta a Xunta de Persoal ofreceu unha rolda de prensa na que enumerou as deficiencias rexistradas dende a posta en marcha do centro médico e a problemática derivada da falta de persoal e de recursos materiais. De feito, sinalaron que a escaseza de persoal e de camas xa ten provocado a suspensión de operacións. “Este hospital é unha estafa, porque naceu con menos capacidade da proxectada”, insisten.

En opinión da delegada sindical da CIG María Xosé Rodríguez "o nivel é de estres que hai neste hospital é total" e "hai problemas coas dietas, coa auga". Todos os sindicatos volveron a pedir a demisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e lembraron que xa hai denuncias presentadas tanto na Fiscalía como na Xerencia do SERGAS e na Inspección de traballo.

Os representantes dos operarios afirman que a Xunta non está a facer nada para corrixir as eivas no centro sanitario e continúa coa "privatización". De feito, os celadores din que comezaron co seu peche "unha vez se constatou a cada vez maior presenza do persoal de Transporte Interno e Xestión Auxiliar (Tiga), contratado pola empresa concesionaria do novo hospital a través dunha ETT".

Os celadores, baseándose nun comunicado interno da Consellería, din que entre as funcións que esta empresa privada vén de asumir atópanse "a recollida e entrega de mostras biolóxicas, petición de probas, correo interno, envases de hemoderivados baleiros e banco de sangue co informe de hemovixilancia, medicación de farmacia de envío puntual ordinario ou urxente, carros de medicacións e cambio de maletíns entre carros, citostáticos, material procedente e con destino en esterilización, e documentación para destrución”.

Traballadores de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG
Traballadores de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG

A polémica sobre o Cunqueiro centrou boa parte da sesión deste mércores do pleno do Parlamento. "Rematou o traslado ao novo hospital privado de Vigo e chegou o caos á sanidade pública”. Así comezou a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz a súa quenda na sesión de control ao presidente da Xunta no pleno parlamentario desta mañá. Velaquí a súa primeira intervención no debate no Pazo do Hórreo:

Alberto Nuñez Feijóo respondeulle sacando peito pola nova infraestrutura. O mandatario conservador cualificou o hospital de "orgullo" para aqueles que defenden a sanidade pública. Feijóo argumenta que o Cunqueiro funciona con normalidade e, de feito, xa atendeu 50.000 consultas externas e deu unhas mil altas a doentes ingresados.

"Por que lle molesta que fagamos hospitais públicos? Non pode aceptar que o PP sexa o que máis hospitais públicos fixo na comunidade na súa historia?", preguntoulle o presidente da Xunta a líder de EU en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta