Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 18:44
O BNG rexistrou iniciativas no Senado e na Cámara baixa a través das que esixe ao Goberno as medidas necesarias que garantan un servizo ferroviario de calidade en Galicia. Diso informou a formación nacionalista, que sinala que nas iniciativas interpela ao Executivo estatal polos cambios nos horarios do servizo e os atrasos que estean a xerar. Ademais, pregunta polos "continuos erros" que se producen no sistema de venda de billetes.
Entre outras cuestións, o BNG explica que se rexistran cambios en frecuencias, como no tren que sae de Vilagarcía en dirección a Santiago de Compostela ás 7,13 horas, que se adiantou 20 minutos, debido ás obras na estación de Madrid Chamartín-Clara Campoamor co obxectivo de facilitar a conexión da liña atlántica co tren que se dirixe a Ourense. O BNG considera que esta medida, que garante aos usuarios de Pontevedra e Vilagarcía que van a Madrid, poidan enlazar co Alvia de Ferrol e destino Madrid, implique un cambio horario prexudica os desprazamentos internos, as conexións entre as distintas cidades galegas en beneficio das conexións coa capital estatal.
Ademais, noutra iniciativa, explica que estas obras motivaron atrasos importantes de ata unha hora en distintas liñas en Galicia, especialmente aos Alvia que chegaban a Ourense. Unhas demoras que tamén se estenderon a outros servizos como o que vai ao Carballiño.
"Considera oportuno prexudicar e empeorar os horarios de conexión interna entre os distintos pobos e cidades de Galicia para beneficiar e priorizar as conexións entre Galicia e Madrid?", pregunta o Bloque, que se interesa sobre se o cambio de horario vai ser temporal ou definitivo.
Ademais, interpela ao Goberno sobre se estuda a adopción doutras medidas que faciliten os enlaces pero manteñan horarios adecuados para a chegada aos lugares de traballo e estudo dos galegos.
FALLOS NA VENDA DE BILLETES
O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, tamén avisa, noutra incitativa, de que o novo sistema de venda de billetes posto en marcha por Renfe acumula queixas polo seu "mal funcionamento" e os "continuos fallos que xera". Por iso, pregunta se se coñecen as incidencias e a que se deben.
Estas preguntas, ademais, son trasladadas pola senadora nacionalista, Carme da Silva, no Senado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.