A secuela de 'Cuñados' chega a Ourense unha semana antes da súa chegada aos cinemas o próximo 19 de abril

A nova historia da familia Ribeiro contra de novo con Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira como trío protagonista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Ourense acolleu a preestrea oficial de '+Cuñados', a secuela da comedia sobre a familia Ribeiro que, nesta ocasión, ten o Entroido ourensán como pano de fondo.
O teatro ourensán foi a testemuña do primeiro pase da película, ao que asistiron, ademais do elenco, produtores e o equipo, varias autoridades como o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez.

Alí, o responsable do Goberno galego destacou o bo momento do audiviosual galego do que, ao seu xuízo, dá conta o "éxito" da cinta producida por Portocabo baixo a dirección de Luís Avilés e, de novo, con Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira como trío protagonista. "O audiovisual contribuíu a darlle forma á identidade galega actual e creo que isto se estende a todos os xéneros, incluíndo a comedia", destacou Rodríguez.

'+Cuñados' é a nova entrega da exitosa comedia de 2021 da produtora galega Portocabo, que pon detrás da cámara ao director Luís Avilés Baquera para pilotar un guión de Araceli Gonda no que repiten como protagonistas Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal.

A nova historia da familia Ribeiro prodúcese dous anos despois da primeira película e arrinca co achado dun cadáver no medio da ponte internacional que une Tui con Portugal, unha aparición que terá que ver co ocorrido días antes. Os cuñados teñen un posto de venda de polbo en Ourense para blanquear o diñeiro do botín logrado na primeira película e prepáranse para celebrar o Entroido ourensán, unhas festas que se complicarán coa aparición de Andreia Nunes, a parella do portugués detido.

Ourense volve ser o escenario principal dunha película que dá continuación á exitosa primeira entrega, que logrou no verán de 2021 ser a cinta rodada en galego estreada en máis salas durante a súa primeira fin de semana. A produción de Portocabo, creadora das series 'Rapa' ou 'Hierro', conta coa participación de RTVE, TVG e Movistar+, ademais do patrocinio da Deputación de Ourense e da Denominación de Orixe Ribeiro e a subvención da Xunta a través da Agadic.

Imaxe de '+Cuñados'. CUÑADOS
Imaxe de '+Cuñados'. CUÑADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta