Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 11:34
A Axencia Tributaria de Galicia anulou máis de 850 débedas en período executivo por ter un importe inferior a 3 euros. En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres unha resolución conxunta da Axencia Tributaria e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma pola que se acorda a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se atopen en período executivo e das cales resulte unha débeda pendente de recadar por un importe inferior aos 3 euros.
Tal como informou a Xunta nun comunicado, a anulación de débedas residuais realízase de forma periódica polas administracións tributarias. O seu obxectivo é evitar actuacións recadatorias que supoñen unha perda para a facenda pública, xa que nestas liquidacións xéranse uns custos superiores aos recursos que potencialmente se poden obter.
En concreto, estas débedas estaban pendentes a 31 de decembro de 2023 e trátase dun total de 858 na Comunidade, cun importe medio de 0,90 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.