Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 09:54
O incendio forestal sen control que afecta o municipio pontevedrés de Crecente arrasa xa 170 hectáreas, segundo a última estimación da Consellería de Medio Rural.
Medio Rural informa de que o lume, iniciado na tarde do luns en tres focos simultáneos na parroquia de Angudes, está estabilizado desde as 14,40 horas, polo que segue sen darse por controlado. Nas tarefas de extinción participaron de forma acumulada: catro helicópteros, dous avións, 23 motobombas, dúas pas, 50 brigadas, 26 axentes e tres técnicos.
INTENCIONADO
O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, asegura que "non hai ningunha dúbida" de que o incendio iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".
"Estamos a falar de tres incendios, unha cousa é que haxa un incendio e outra cousa é que haxa tres e en diferentes parroquias", afirmou en declaracións a Europa Press este martes. García-Luengo indica que non hai "perigo" para vivendas na zona de Angudes, pero "está xusto" en zona próxima. Explica que "pola noite foi horrible o vento", aínda que esta mañá de martes "está máis tranquilo". Espera que mellore a situación en próximas horas.
Na zona traballaron ata o momento un técnico, once axentes, 21 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous avións e dous helicópteros.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A sangría da Galicia baleirada: os pequenos concellos de Ourense perden de media 26 habitantes por ano
- O sindicato de Enfermaría Satse baralla convocar unha folga e protestas no servizo de Cirurxía do CHUO
- Publicado o libro 'Cincuentenario dos Premios Minerva', unha homenaxe aos galardoados desde 1963
- Imserso avanza "algúns cambios" para o seu programa de viaxes: "Estamos a avaliar o feito ata agora"
- Investigadores publican o primeiro libro sobre especies de algas da costa española cos seus potenciais usos
- Os maiores de 65 anos poderán volver ao cinema dende mañá por 2 euros en 420 salas do Estado