Pontevedra terá 116 millóns de orzamento tras a suma dos remanentes de 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Pontevedra, Raimundo González, informou este martes da liquidación do anterior orzamento que fai que as contas municipais da cidade para este ano cheguen aos 116.509.608 euros tras a suma dos remanentes do 2023.

O edil explicou que o orzamento inicialmente aprobado e xa en vigor foi de 94.730.000 euros, aos que agora se lles suman estes remanentes por un importe superior a algo máis de 21,77 millóns de euros, froito da liquidación do anterior exercicio económico.

Esta incorporación "xa é efectiva na súa totalidade" de modo que, tal e como indicou o concelleiro, a administración local xa traballa cuns orzamentos ampliados. A diferenza entre ingresos e gastos foi de 10,7 millóns de euros, habendo uns ingresos a maiores en relación cos gastos efectuados no exercicio anterior.

DÉBEDA

Por outra banda o concelleiro de Economía e Facenda informou do estado da débeda actual do Concello de Pontevedra que, segundo manifestou, "tocou mínimos históricos". Neste momento está en pouco máis de 7 millóns de euros, é dicir, o 8,33% dos ingresos anuais do Concello.

O concelleiro do BNG desvelou, ademais, que o nivel de execución do orzamento de 2023 situouse no 64,52%, mentres que o do capítulo de investimentos no 29,91% e que o Consistorio cumpre todas as regras fiscais impostas pola lexislación "nun contexto de taxas e impostos municipais conxelados, do mesmo xeito que nos últimos anos", sumando "unha década, sen rexistrarse unha subida neste campo".

O Concello conta con case 22 millóns de euros "para poder gastar", diñeiro que se podería empregar en sucesivas modificacións de crédito.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Beatriz Ciscar - Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta