O Concello de Pontevedra nega enchufes nunha empresa da Operación Patos

O concelleiro Raimundo González asegura que se enterou que unha familiar traballaba en CESPA con posterioridade a contratación. Na lista que a Policía di que é de presuntos enchufadores figura o seu nome, e tamén o do alcalde.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/10/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"Rotundamente". Así de contudentemente, nega o voceiro municipal de Pontevedra a súa involucración e a dos seus compañeiros de Goberno nos presuntos enchufes descritos pola Policía nun novo informe engadido ao sumario da Operaicón Patos.

Fernández Lores na súa investidura como rexedor de Pontevedra
Fernández Lores na súa investidura como rexedor de Pontevedra

Raimundo González asegurou este luns, segundo recolle Pontevedra Viva, que "para o goberno municipal foi unha sorpresa que apareza o noso nome nesa relación". Refírese a unha lista, redactada polos axentes, de 14 persoas que presuntamente traballaban en CESPA, unha das empresas da trama, grazas a intermediación de, entre outros, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a ex-vicealcaldesa Carmela Da Silva, o citado González, outros concelleiros e mesmo un Policía Local.

Segundo adiantou La Voz no rexistro de CESPA atopouse un documento no que, en palabras da Policía "constan anotaciones realizadas por personal de Cespa donde se evidencian contrataciones de personal impuestas o sugeridas por políticos y técnicos municipales". O documento inclúe unha táboa e na columna titulada "mentores" ao lado dos nomes dos 14 presuntos enchufados hai varios nomes dos supostos enchufadores, o primeiro o de Fernández Lores.

Ante tales revelacións, o voceiro municipal prometeu que "imos indagar" e pediu celeridade a xustiza. Pola súa banda asegurou non coñecer as tres persoas que a Policía di que enchufou, mentres que unha cuarta, filla dun curmán, asegura que se enterou que estaba en CESPA con posterioridade á contratación.

O Concello asegura que, polo de agora, nin a Policía nin a Xustiza pediron documentación algunha. Non hai ningún membro do actual ou do pasado Goberno local imputado. Eiriña, a construtora presunto centro da trama, recibiu numerosas encargas do municipio na pasada lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Untu de osu

De verdade neste xornal queda algo de dignidade? O da publicidade de ENCE xa é un vómito pero claro... Pero o tempo pon a cada un no seu sitio e os daquí xa estades moi retratados. Pero xa non chove como chovía verdade coleguiñas.

8 Odoíno

Se fosse certa a acusaçom, a cousa é bem grave. O mais grande capital do Bloque -a honradez- é um bluff.

1 O do Iño

Se fosse certa...mas nao é certa.

2 Odoíno

Umha das técnicas de enlamear quando A está emporcado é: colher a “caídos políticos” de A e “activistas” de B, e dizer que todos formam parte da piara. Lembra-te do alcalde de Vimianço do BNG foi imputado por um juiz afim ao PP e depois mostrou-se que nada de nada, que todo era um conto. Umha vez escrevido isto, todo é possível na lamaçal que é o reino boubónico.

7 Pregunto

Esto cheira moi mal...a quèn lle vai adxudicar a propaganda Ence? a Terra w Tempo?

6 Darío da U

UPG-UPG-UPG, din os enchufados do Concello de Pontevedra

5 BelsebÚ

Individuo-masa, alienado-programado (leo os medios de propaganda da burguesía colonial, logo existo) é un colonizado mental que non ten mais Patria que a propaganda de consumo) que non está programdo para pensar, ten instalado o microchip: "o xenro da tia do porteiro da miña casa, traballa nunha subsidiaria do concello de Pontevedra. Consecuencias: todos os políticos son iguais, ¿Blesa?...soy Rajoy, tenemos que hablar, -¿sobre? -Si, como siempre. A culpa é da BNG.