O Concello de Pontevedra nega enchufes nunha empresa da Operación Patos

O concelleiro Raimundo González asegura que se enterou que unha familiar traballaba en CESPA con posterioridade a contratación. Na lista que a Policía di que é de presuntos enchufadores figura o seu nome, e tamén o do alcalde.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/10/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"Rotundamente". Así de contudentemente, nega o voceiro municipal de Pontevedra a súa involucración e a dos seus compañeiros de Goberno nos presuntos enchufes descritos pola Policía nun novo informe engadido ao sumario da Operaicón Patos.

Fernández Lores na súa investidura como rexedor de Pontevedra
Fernández Lores na súa investidura como rexedor de Pontevedra

Raimundo González asegurou este luns, segundo recolle Pontevedra Viva, que "para o goberno municipal foi unha sorpresa que apareza o noso nome nesa relación". Refírese a unha lista, redactada polos axentes, de 14 persoas que presuntamente traballaban en CESPA, unha das empresas da trama, grazas a intermediación de, entre outros, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a ex-vicealcaldesa Carmela Da Silva, o citado González, outros concelleiros e mesmo un Policía Local.

Segundo adiantou La Voz no rexistro de CESPA atopouse un documento no que, en palabras da Policía "constan anotaciones realizadas por personal de Cespa donde se evidencian contrataciones de personal impuestas o sugeridas por políticos y técnicos municipales". O documento inclúe unha táboa e na columna titulada "mentores" ao lado dos nomes dos 14 presuntos enchufados hai varios nomes dos supostos enchufadores, o primeiro o de Fernández Lores.

Ante tales revelacións, o voceiro municipal prometeu que "imos indagar" e pediu celeridade a xustiza. Pola súa banda asegurou non coñecer as tres persoas que a Policía di que enchufou, mentres que unha cuarta, filla dun curmán, asegura que se enterou que estaba en CESPA con posterioridade á contratación.

O Concello asegura que, polo de agora, nin a Policía nin a Xustiza pediron documentación algunha. Non hai ningún membro do actual ou do pasado Goberno local imputado. Eiriña, a construtora presunto centro da trama, recibiu numerosas encargas do municipio na pasada lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 UPG cua cua

"Aos do BNG nos tienen mania", que diria o Lores co seu bilinguismo de falante clasista. Facerse notar conleva sacrificios: a lingua non semella unha prioridade, a decencia tampouco (por algo se asocia ao PPsoExpañol). Para que aplaudan os lacaios enchufados polos "mentores". Sempre hai que ser agradecidos...

1 celerico

Um que escreve "conleva sacrificios"(conleva é galego?) acusando outros de desleixo pola lingua!!!! Cousas veredes. P.S. Ainda nom vos passou a perrencha pola host.. levada em Pontevedra? Animo,só vos restam quatro aninhos.

3 lectorando

E máis tamén. Como para ir en coalición con eles: http://www.farodevigo.es/portada-po...

1 Agetas black

O de levar o tema de Prevención de Riscos por parte da adxudicataria é unha práctica que se sigue no concello en todos os concursos e adxudicacións. Sae máis económico e supón unha carga para a empresa gañadora.

2 CHEIRA A CORRUppTOS

Xa están os suxos podreiros-vieiristas sacando a lingua a pacer, a envelenar a maña, a facerlle o traballo suxo o pp... pero sabemos o que fixechedes incluso roubando de fondos do paro obreiro - http://www.galiciaconfidencial.com/... - sabemos o que pasa no circulo nacionalista de andalucia en podreiros, sabemos que se dixo que Waldo iglesias era castucia... CASTA PURA (igualiño ca señoria do -vieiras) - http://www.elplural.com/2015/10/04/...

1 peregrina

que busque a fiscalia , os contratos MEDIOAMBIENTALES .

1 Patiño

Lores e Caballero son honrados, porque son de esquerdas, os corruptos son os do PP: Louzán e Figueroa. A ver cando vos enterades e deixades de decir parvadas.

1 Agetas das targetas

Caballero, Louzán e Figueroa están imputados. Deixe traballara á xustiza. No momento que teñan algo contra Lores ou calquera outra dese partido non me cabe a menor dúbida que se botarán a el como cans de presa. Levan anos buscando e non atopan nada.