Un coche espétase contra o o valado dunha vivenda na Pobra

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/04/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Un turismo saíuse da vía e impactou contra o peche metálico dunha vivenda na Pobra do Caramiñal, aínda que a súa condutora puido saír sen problemas do coche.

Segundo informou o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento da Coruña, o accidente tivo lugar sobre as 20,30 horas deste mércores, na rúa Doutor Lamas e Andrés. O automóbil perdeu o control e impactou contra ese peche metálico, sen chegar a derrubalo do todo. Á chegada dos bombeiros ao lugar do accidente, a condutora xa estaba fóra do vehículo e non tivo que ser liberada.

Estes efectivos limitáronse a desconectar a batería do coche sinistrado para a súa posterior retirada. No operativo tamén participaron axentes da Policía Local e o 061. Por outra banda, tamén na Pobra do Caramiñal, os bombeiros do parque Comarcal de Ribeira tiveron que acudir a pasada madrugada a extinguir un incendio nun colector, na rúa Castelo.

Un aochche sáese da vía e impacta contra o peche dunha vivenda na Pobra do Caramiñal.. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E  SALVAMENTO A Coruña
Un aochche sáese da vía e impacta contra o peche dunha vivenda na Pobra do Caramiñal.. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta