Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/05/2024 | Actualizada ás 10:50
A provincia de Pontevedra está este domingo en alerta amarela por choiva ao esperarse unha acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Segundo Meteogalicia, o aviso comezou ás 3,00 horas e durará ata as 12,00 horas, nunha xornada na que as baixas presións continuarán preto de Galicia e xerarán moita inestabilidade.
Así, con esa situación, espéranse intervalos anubrados, con precipitacións máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a desaparecer a medida que avance a tarde. A choiva irá ocasionalmente acompañada de sarabia e treboada. En canto ás temperaturas as mínimas descenderán e as máximas tenderán a ascender, principalmente no sur.
O vento será frouxo variable pola mañá, de compoñente norte pola tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.