O PPdeG aproba en solitario que o Parlamento galego reprobe a Sánchez por "menosprezar" aos concelleiros

Sánchez recriminou no Congreso ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que co seu "historial" no PSOE non chegaría "nin a concelleiro de pobo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A maioría absoluta do Partido Popular na Cámara galega sacou adiante unha iniciativa que reproba as palabras coas que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recriminou no Congreso ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que co seu "historial" no PSOE non chegaría "nin a concelleiro de pobo" por considerar que supoñen un "menosprezo" aos edís.

O texto inclúe un segundo punto que pide demandar ao Goberno do Estado un cambio na súa política "contra o municipalismo" e que "cumpra cos seus compromisos e responsabilidade como son: garantir un adecuado sistema de financiamento local, a aprobación do estatuto do pequeno municipio, un apoio real ao mundo rural e unha adecuada repartición dos fondos europeos entre as entidades locais".

A proposición non de lei foi defendida na Comisión Primeira da Cámara galega pola parlamentaria popular Cristina Campero, quen asegurou que "a falta de respecto institucional na que está instalado o Goberno do señor Sánchez xa non coñece límites". "Só lle faltaba mofarse dos concelleiros e concelleiras de pobo que, como eu, defenden os intereses e traballan arreo por mellorar a calidade de vida dos nosos veciños", afirmou para considerar que a Cámara debe pronunciarse "en defensa da dignidade dos representantes municipais".

A iniciativa só contou co voto a favor do PPdeG, mentres que a Democracia Ourensana e BNG optaron pola abstención, o PSdeG directamente votou en contra. Así, en primeiro lugar, Armando Ojea (Democracia Ourensana) considerou que as palabras de Sánchez "non foron o mellor que puido dicir nese momento". Con todo, optou pola abstención ao considerar que as afirmacións se puideron deber a un momento de "nerviosismo" e ao botar en falta no texto pedir accións á Xunta para que se "poña as pilas" á hora de apoiar ás administracións locais.

Pola súa banda, a socialista Patricia Iglesias criticou que esta iniciativa se deba a unha "orde do PP de Madrid" que manda presentala "en toda España" porque sente que o seu "liderado está debilitado entre as súas propias filas". Por iso ou "pola presión de Vox" só se pode entender, na súa opinión, esta iniciativa que busca "alimentar a confrontación". Por último, o nacionalista Óscar Insua sostivo que se trata dunha proposta "totalmente improductiva" co obxectivo de "diluír o debate" en lugar de que o Goberno galego "dedíquese a traballar par dar solucións aos galegos".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén durante a sesión de control do Parlamento de Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén durante a sesión de control do Parlamento de Galicia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta