Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2015 | Actualizada ás 09:00
As mareas galegas apoia as Marchas da Dignidade que este sábado se concentrarán na Praza do Obradoiro para amosar "o seu rexeitamento ás políticas gubernamentais que serven aos intereses das elites económicas".
Precisamente, este mércores o rexedor composteán reuniuse con representantes deste colectivo e expresou o seu respaldo a esa manifestación. A protesta terá lugar ao medido día baixo o lema "Pan, traballo, teito e dignidade". A plataforma é un movemento social que en Galicia aglutina a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, sindicatos, organizacións políticas, colectivos sociais e grupos municipalistas.
Tamén hai uns días Ferrol en Común e a Marea Atlántica, co alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, ao fronte, amosaban o seu apoio a esta marcha "un movemento de movementos que conseguiu unir en grandes mobilizacións á cidadanía non afiliada a partidos, sindicatos, movementos sociais e tamén aos partidos políticos", apunta a Marea coruñesa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.