O BNG urxe máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: "Comprar un billete está a converterse nunha odisea"

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con "maior planificación" e non de forma "reactiva" aos problemas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/05/2024 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con "maior planificación" e non de forma "reactiva" aos problemas. En concreto, o Bloque lamentou a "falta de prazas" que hai entre estas dúas cidades. Unha situación que se agrava, segundo os nacionalistas, co peche de Peinador pola obra na súa pista, derivándose os voos á capital galega.

Silva Méndez e Néstor Rego
Silva Méndez e Néstor Rego | Fonte: BNG

Segundo recolle o BNG nun comunicado, a falta de prazas na conexión entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. "Son reiteradas as ocasións nas que o BNG se dirixiu a Transportes para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches", sinalou o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego.

Na mesma liña falou a senadora Silva Méndez, quen dixo que comprar un billete está a converterse nunha "odisea" e nunha "carreira de obstáculos". "Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril", criticou, quen pediu non só máis prazas entre Vigo e Santiago, senón tamén no traxecto a Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta