Quedan prohibidas desde este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares

Ata novo aviso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2024 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

As queimas agrícolas e forestais de particulares quedarán prohibidas en Galicia a partir deste xoves, 30 de maio, ata novo aviso. Segundo explica a Consellería de Medio Rural nun comunicado, isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do xoves.

Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra vos incendios forestais "debidamente planificadas e dispondo dos medios de extinción precisos". Explican que a decisión se tomou tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados pormenorizadamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco do lume.

Queimas agrícolas
Queimas agrícolas | Fonte: UNIUNA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta