Gómez Reino, probábel candidato de En Marea pola Coruña

Podemos Galicia, ANOVA e Esquerda Unida ultiman arestora o acordo para as listas electorais de En Marea. Aínda non hai acordo pechado sobre a fórmula concreta de constitución dun grupo parlamentario nin do candidato á presidencia.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 10/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Na Coruña o cabeza de cartel de En Marea será Antón Gómez Reino, proposto por Podemos, cun número dous proposto por Esquerda Unida. En Pontevedra, o número 1 será unha persoa proposta por ANOVA e o número 2 un candidato de Podemos.

Antón Gómez Reino
Antón Gómez Reino | Fonte: CIG

Estos son os termos que están arestora sobre a mesa de negociación de "En Marea", segundo confirmaron a GC varias fontes das formacións citadas. A coalición para as próximas eleccións xerais pretende someter unha lista común á votación da militancia destes partidos e os asinantes do Encontro por unha Marea Galega.

Cómpre lembrar que únicamente Podemos Galicia ten designados os seus candidatos:  Gómez Reino na Coruña e Ángela Rodríguez en Pontevedra. Gómez Reino, coñecido como "Tone", é unha figura relevante en Podemos a nivel estatal, dado que foi un dos asinantes do seu manifesto inicial. Secretario de análise político de Podemos Galicia, activista con experiencia en varias plataformas - como a antisionista Boicote, Desinvestimento e Sancións, crítica con Israel- estivo tamén moi implicado da na organización da Marea Atlántica.

A marea coruñesa aínda non confirmou oficialmente a súa participación en En Marea, dado que ten prevista unha asemblea para tomar unha decisión esta semana. As bases de Compostela Aberta e Ferrol en Común xa votaron o seu apoio a esta coalición.

Os mecanismos para a conformación dun grupo parlamentario aínda están a debaterse. O preacordo pasa por constituír un grupo parlamentario propio, co nome de En Marea, no caso de conseguir os requisitos necesarios, que son lograr polo menos 5 deputados e ademais cando menos o 15% en cada unha das provincias ou o 5% a nivel estatal.

No caso de non acadar estes obxectivos, non hai referencia específica á integración no grupo parlamentario que configure Podemos a nivel estatal. Iso si, apóstase por colaborar con forzas que aposten por un modelo de ruptura do Estado e específicamente faise referencia a confluencia de Podemos con outras forzas en Cataluña. 

Tampouco hai acordo polo de momento se citar a Pablo Iglesias, líder de Podemos, específicamente como candidato á presidencia do Goberno. Trátase duns dos puntos a debate nestes intres.

Os traballos para o lanzamento de En Marea avanzan tamén na internet. O dominio enmarea.gal foi rexistrado o pasado mércores, pouco despois de que trascendese o nome proposto para a alianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

24 quero saber

aloghe este rapas a que se ven adicando na sua vida cotidiana, ou como diria aquel en que traballas??

23 Anti-racista

Un racista. Maré negra.

22 video cupuliña de podreiros

apaños de cúpula o vello -vieiras non pode presentarse pero non polo que dice de que esta vello, de que e xa un-ha triste ruina achacosa, nin polo marcapaso seica, nin polas caixas e caixas de pirulas e piscotropicos que toma diariamente... non o vello -vieiras non se presenta posto que o seu escano peligraría pois teria que abandónalo e caería en maos dunha excisión da anova que xa non esta no AGE, un-ha vergonza todo o do -vieirismo, ENTON SI E CUESTION DE IDADE NON SE VAI PRESENTAR PARA A XUNTA!!!! -vieiras o seu foi moito, pasara a historia negra da Galiza con vicente risco, con pedro mandrugas, o seu foi vergoñento, como os pactos de cupuliñas infectas que poñen a xente que non é nin das provincias autenticos deputados cuneiros impostos por Waldo militares da otan, constitucionalistas expañolentos... que luxo, que rupturismo, que esquerdismo.... - https://www.facebook.com/cgpenalva/...

1 Unquesabe

I like!...

21 Comunista

Tone é un moi bo candidato e pode aportar achegas novidosas e interesantes á anquilosada política galega reforzando así o camiño de renovación iniciado con AGE en 2012 e continuado co éxito das mareas locais. Pinta ben a candidatura En Marea con perfís como o de Gómez-Reino, xente procedente dos movementos sociais, comprometida coa Nación e coas clases traballadoras, coñecedora dos problemas reais da rúa e sen pretensións de se converter en políticos profesionais de por vida. Hai alternativa.

1 Meu rei

Un pigho de boa familia que de estación de esquí en estación de esquí purgaba canto independentista atopaba en centros sociais. Infórmate antes de opinar, meu rei

2 Pró

TrepaTone?

3 Próculo

TrepaTone?

20 Costadamorte

O impresentable é, na miña opinión, que obsequien o escano pola Coruña a un Podemos desleigado da Galiza!..., ise, que é o único que dan por seguro, para Podemos, cando Podemos non é nada na Galiza e nisa circunscripción é onde teñen forza as mareas e os seus alcaldes, (e ningún é de Podemos)... En Pontevedra o escano non é tan seguro, viuse nas municipais que nisa circunscripción os espazos das distintas mareas foron moito mais cativos, e na esquerda están mais fortes o PSOE en Vigo e o BNG en Pontevedra, ao igual que na maioría dos concellos mais poboados... Ben, os galegos sempre tivemos sona de ser parvos, e parece que os da Complutense están convencidos de que segue a ser así...

1 CostaDaMorte13

Mais desleigado da Galiza que a xente da Costa da Morte non vas encontrar, ou non te acordas despois do prestige maiorias absolutas da orquesta do pp e durante o movemento nunca mais como ignoraron e se puxeron a rir sentadiños no bar mentres o resto da xente do estado viña limpar a nosa costa, coma se venderon nas cofradias cas axudas, so se ia limpar por un trablliño na tragsa, incluso nos peores incendios na costa todos sentadiños no bar outra ves mirando pro helicóptero, sin facer nada,menos carnets de galegos e mais feitos, política de amighinhos

2 PeterMarx

JAJAJAJAJA como cunde ler estas parvadas pasadas as elección, o que vvod ten que doer aos bngallos xD