Gómez Reino, probábel candidato de En Marea pola Coruña

Podemos Galicia, ANOVA e Esquerda Unida ultiman arestora o acordo para as listas electorais de En Marea. Aínda non hai acordo pechado sobre a fórmula concreta de constitución dun grupo parlamentario nin do candidato á presidencia.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 10/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Na Coruña o cabeza de cartel de En Marea será Antón Gómez Reino, proposto por Podemos, cun número dous proposto por Esquerda Unida. En Pontevedra, o número 1 será unha persoa proposta por ANOVA e o número 2 un candidato de Podemos.

Antón Gómez Reino
Antón Gómez Reino | Fonte: CIG

Estos son os termos que están arestora sobre a mesa de negociación de "En Marea", segundo confirmaron a GC varias fontes das formacións citadas. A coalición para as próximas eleccións xerais pretende someter unha lista común á votación da militancia destes partidos e os asinantes do Encontro por unha Marea Galega.

Cómpre lembrar que únicamente Podemos Galicia ten designados os seus candidatos:  Gómez Reino na Coruña e Ángela Rodríguez en Pontevedra. Gómez Reino, coñecido como "Tone", é unha figura relevante en Podemos a nivel estatal, dado que foi un dos asinantes do seu manifesto inicial. Secretario de análise político de Podemos Galicia, activista con experiencia en varias plataformas - como a antisionista Boicote, Desinvestimento e Sancións, crítica con Israel- estivo tamén moi implicado da na organización da Marea Atlántica.

A marea coruñesa aínda non confirmou oficialmente a súa participación en En Marea, dado que ten prevista unha asemblea para tomar unha decisión esta semana. As bases de Compostela Aberta e Ferrol en Común xa votaron o seu apoio a esta coalición.

Os mecanismos para a conformación dun grupo parlamentario aínda están a debaterse. O preacordo pasa por constituír un grupo parlamentario propio, co nome de En Marea, no caso de conseguir os requisitos necesarios, que son lograr polo menos 5 deputados e ademais cando menos o 15% en cada unha das provincias ou o 5% a nivel estatal.

No caso de non acadar estes obxectivos, non hai referencia específica á integración no grupo parlamentario que configure Podemos a nivel estatal. Iso si, apóstase por colaborar con forzas que aposten por un modelo de ruptura do Estado e específicamente faise referencia a confluencia de Podemos con outras forzas en Cataluña. 

Tampouco hai acordo polo de momento se citar a Pablo Iglesias, líder de Podemos, específicamente como candidato á presidencia do Goberno. Trátase duns dos puntos a debate nestes intres.

Os traballos para o lanzamento de En Marea avanzan tamén na internet. O dominio enmarea.gal foi rexistrado o pasado mércores, pouco despois de que trascendese o nome proposto para a alianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

19 Balbino_

Fainos moita ilusión que a esquerda vote ao redor de En Marea e que algún vello progre despistado ademais dos nacionaleiros inmóbiles voten por Callón, teñen o dereito todo do mundo, pero é unha pena que a esquerda que aposta polo dereito a decidir de Galiza ou pola independencia non vaia unida. Será que o PSOE-Prisa non lles deixa, que pesados, por favor, todo o día nas radios locais os concelleiros do Bloque, a Fruga, a Mesa... é que non disimulan nada.

18 anton pirulero

O CNI non acouga.

17 Relevantísimo

Figura relevante de Podemos estatal, pero se non o coñece nin a súa avoa. Pero que máis dá, mentres poñan o careto de Pablo Iglesias na papeleta como se presentan o brazo incorrupto de Santa Teresa, ha ter votos.

16 Freixo

Ontem, 9 de Novembro, o representante de PHODEMOS no Parlament de Catalunya competia com PPOE e Ciudadanos a ver quem era mais defensor da monarquia supremacista, culturicida e chauvinista espanhola. Lamentável.

15 Manueliño

Non perden o tempo en enchufar os de Anova da Marea Atlántica. Non sabía que Alberte Lema(concelleiro da Marea na Coruña) era o xenro de Ferrín (líder da Anova de Beiras) e que xa o enchufara na Real Academia Galega tamén. En fin...

1 Claudete Hetera

Como repiten os papagaios do BNG os argumentos da caverna madrileña (ABC, Intereconomia, Esperanza Aguirre). Andan dos nervos: desta Callón non sae deputado e o BNG perde alimento! Total para ir votar por Pedro Sánchez, como farán os poucos --nada de grupo-- de Mareas-Podemos, tampouco hai que confiar na nova polìtica. Igual que o BNG votou por Zapatero e apoiou à impresentable Magdalena Alvarez (plan Galicia de mierd...), así traballan as Mareas-Podemos para o PPSOE.

2 Curling

Manueliño, que non te enteras, pobre, tes o cerebro tan podre coma as fontes de información que usas. Non hai tal "xenro" nin tal "enchufado", o que hai é un membro da clase traballadora que participou nas asembleas da Marea e foi escollido democraticamente, como antes participara no BNG de Vimianzo. Que no te enteras, Manolito!

3 Comunista

Xa choveu dende que BNG e ABC se aliaron para conspirar contra un Presidente da RAG marxista e independentista e, lonxe de se avergoñar, aínda sacan peito. Patético.