Gómez Reino, probábel candidato de En Marea pola Coruña

Podemos Galicia, ANOVA e Esquerda Unida ultiman arestora o acordo para as listas electorais de En Marea. Aínda non hai acordo pechado sobre a fórmula concreta de constitución dun grupo parlamentario nin do candidato á presidencia.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 10/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Na Coruña o cabeza de cartel de En Marea será Antón Gómez Reino, proposto por Podemos, cun número dous proposto por Esquerda Unida. En Pontevedra, o número 1 será unha persoa proposta por ANOVA e o número 2 un candidato de Podemos.

Antón Gómez Reino
Antón Gómez Reino | Fonte: CIG

Estos son os termos que están arestora sobre a mesa de negociación de "En Marea", segundo confirmaron a GC varias fontes das formacións citadas. A coalición para as próximas eleccións xerais pretende someter unha lista común á votación da militancia destes partidos e os asinantes do Encontro por unha Marea Galega.

Cómpre lembrar que únicamente Podemos Galicia ten designados os seus candidatos:  Gómez Reino na Coruña e Ángela Rodríguez en Pontevedra. Gómez Reino, coñecido como "Tone", é unha figura relevante en Podemos a nivel estatal, dado que foi un dos asinantes do seu manifesto inicial. Secretario de análise político de Podemos Galicia, activista con experiencia en varias plataformas - como a antisionista Boicote, Desinvestimento e Sancións, crítica con Israel- estivo tamén moi implicado da na organización da Marea Atlántica.

A marea coruñesa aínda non confirmou oficialmente a súa participación en En Marea, dado que ten prevista unha asemblea para tomar unha decisión esta semana. As bases de Compostela Aberta e Ferrol en Común xa votaron o seu apoio a esta coalición.

Os mecanismos para a conformación dun grupo parlamentario aínda están a debaterse. O preacordo pasa por constituír un grupo parlamentario propio, co nome de En Marea, no caso de conseguir os requisitos necesarios, que son lograr polo menos 5 deputados e ademais cando menos o 15% en cada unha das provincias ou o 5% a nivel estatal.

No caso de non acadar estes obxectivos, non hai referencia específica á integración no grupo parlamentario que configure Podemos a nivel estatal. Iso si, apóstase por colaborar con forzas que aposten por un modelo de ruptura do Estado e específicamente faise referencia a confluencia de Podemos con outras forzas en Cataluña. 

Tampouco hai acordo polo de momento se citar a Pablo Iglesias, líder de Podemos, específicamente como candidato á presidencia do Goberno. Trátase duns dos puntos a debate nestes intres.

Os traballos para o lanzamento de En Marea avanzan tamén na internet. O dominio enmarea.gal foi rexistrado o pasado mércores, pouco despois de que trascendese o nome proposto para a alianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

9 John McNamara

Non sei se o Callón será unha persoa mediocre ou un vividor (eu penso que non) pero foi o que elixiu a xente, presentouse cun aval de 20 sinaturas. A miña pregunta é se Gómez Reino (descoñezo se é un vividor da política e se é un mediocre) se presenta por unha primarias, se é unha persoa saída desde abaixo, proposta polas bases...

1 20 sinaturas, que fartura!

Non te gastes, en Podemos van a dedo e no Bloque tamen (son como os do Partido Podre: candidato unico, paripe de votacion ou aclamacion). Total na Marea non sae grupo parlamentar nin de casualidade, por Lugo e Ourense non rascan, Anova (de novo cabalo de Troia, xa ten merito despois de AGE) facilita a Podemos e IU aumentar a conta de resultados na rexion noroeste. Tampouco te consoles coa pouca fortuna da Marea, pois para Nos-BNG non se espera nin un deputadiño, desta vai a vencida: conseguistes facer o BNG forza extraparlamentar, despois de tantos intentos chegou a recompensa esperada. Parabens por manter a pureza ate a extincion! Iso si, os deputados da Marea e os de Nos (se caeran) votaran Pedro Sanchez, sodes peons do PPsoEspañol! Traballades para o mesmo amo!

2 la pastillita

pues si quieres que no quede fuera vótales loquito

8 Mareante del Podemos

Busco a sede da marea del Podemos para inscribirme nas primarias e nada. Axuda please.

1 Txintxo

Colles a A-6 dirección Madrid, despois duns 600 kms estás na sede: Universidade Complutense.

7 comunista indepen. do TTIP

Un pacifista antisionista participante na "flotilla" da liberdade a Gaza, da man e no mesmo grupo dun dos xenerais otanico-sionista que dirixiron o ataque imperialista contra Libia. Según semella da igual gato branco que gato mouro, o importante é que pille...votos. Populismos ovos de serpe de vindeiros fascismos

6 Alberte

"Vividor da política"? O Callón é professor de ensino médio num liceu.

5 comunista independentista

Bo candidato. Un traballador, activista destacado dos movementos sociais e figura destacada do éxito da Marea Atlántica. Nada que ver co mediocre do Callón, outro vividor da política, eterno liberado, sinalado pola UPyG para un simulacro lamentábel de "primarias".

1 Trocomotxo

Infórmate mellor antes de inxuriar.

2 Txantxi

Señor comunista independentista, antes de falar de Callón infórmese e lave a boca. Se quer falar de enchufados fale de Alberte Lema concelleiro da Marea Atlántica cando o enchufou seu sogro (un tal Ferrin da FPG, sóalle...?) na Real Academia http://www.abc.es/comunidad-galicia...

3 Comunista minimalista

Lareu,deixe de insultar, tome a pastilla e relaxa un pouquiño anda... Dás moita vergoña!