Gómez Reino, probábel candidato de En Marea pola Coruña

Podemos Galicia, ANOVA e Esquerda Unida ultiman arestora o acordo para as listas electorais de En Marea. Aínda non hai acordo pechado sobre a fórmula concreta de constitución dun grupo parlamentario nin do candidato á presidencia.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 10/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Na Coruña o cabeza de cartel de En Marea será Antón Gómez Reino, proposto por Podemos, cun número dous proposto por Esquerda Unida. En Pontevedra, o número 1 será unha persoa proposta por ANOVA e o número 2 un candidato de Podemos.

Antón Gómez Reino
Antón Gómez Reino | Fonte: CIG

Estos son os termos que están arestora sobre a mesa de negociación de "En Marea", segundo confirmaron a GC varias fontes das formacións citadas. A coalición para as próximas eleccións xerais pretende someter unha lista común á votación da militancia destes partidos e os asinantes do Encontro por unha Marea Galega.

Cómpre lembrar que únicamente Podemos Galicia ten designados os seus candidatos:  Gómez Reino na Coruña e Ángela Rodríguez en Pontevedra. Gómez Reino, coñecido como "Tone", é unha figura relevante en Podemos a nivel estatal, dado que foi un dos asinantes do seu manifesto inicial. Secretario de análise político de Podemos Galicia, activista con experiencia en varias plataformas - como a antisionista Boicote, Desinvestimento e Sancións, crítica con Israel- estivo tamén moi implicado da na organización da Marea Atlántica.

A marea coruñesa aínda non confirmou oficialmente a súa participación en En Marea, dado que ten prevista unha asemblea para tomar unha decisión esta semana. As bases de Compostela Aberta e Ferrol en Común xa votaron o seu apoio a esta coalición.

Os mecanismos para a conformación dun grupo parlamentario aínda están a debaterse. O preacordo pasa por constituír un grupo parlamentario propio, co nome de En Marea, no caso de conseguir os requisitos necesarios, que son lograr polo menos 5 deputados e ademais cando menos o 15% en cada unha das provincias ou o 5% a nivel estatal.

No caso de non acadar estes obxectivos, non hai referencia específica á integración no grupo parlamentario que configure Podemos a nivel estatal. Iso si, apóstase por colaborar con forzas que aposten por un modelo de ruptura do Estado e específicamente faise referencia a confluencia de Podemos con outras forzas en Cataluña. 

Tampouco hai acordo polo de momento se citar a Pablo Iglesias, líder de Podemos, específicamente como candidato á presidencia do Goberno. Trátase duns dos puntos a debate nestes intres.

Os traballos para o lanzamento de En Marea avanzan tamén na internet. O dominio enmarea.gal foi rexistrado o pasado mércores, pouco despois de que trascendese o nome proposto para a alianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

4 Aki161

Impresionante currículo. Outra vaca (fútil e fatua) no millo.

3 Txacolí

Onde podo votar para as primarias de En Marea Podemos? Non estou afiliado a ningún partido.

2 Eu mesmo

Viva a nova política e a democracia dende a base!!!

1 Survier

Penoso...