Temas: DVICIO

Os mellores e máis enxebres petiscos de Galicia

Conta atrás para o comezo do Santiago(é)Tapas Os produtos galegos de calidade, amparados polas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, cobran especial relevante nos petiscos. Os 69 establecementos participantes repártense en 5 (é)tapas e ofrecen 109 creacións.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 12/11/2015 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Este xoves comeza a oitava edición do Santiago(é)Tapas, a cita cos petiscos na capital de Galicia, que se desenvolverá ata o día 29 de novembro en 69 establecementos de toda a cidade, con 109 propostas a concurso.

Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago
Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago | Fonte: santiagoetapas.com

Unha das novidades desta edición do Santiago(é)Tapas é a importancia que se lle quere prestar aos produtos galegos de calidade, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Todas as tapas deben contar con algún deles entre os seus ingredientes.

Ademais, Coca Cola Iberian Partners auspicia un concurso de fotografía con premios directos ás imaxes con máis chispa, máis simpática e máis creativa.

Para participar, os concursantes deberán facer unha fotografía na que apareza calquera das 4 botellas de Coca Cola “Contour” (Normal, Zero, Light ou Zero-Zero) aberta, xunto a un dos petiscos participantes no Santiago(é)Tapas.

A imaxe deberá ser compartida a través das redes sociais: Instagram, Twitter ou na páxina oficial do concurso en Facebook (fb.com/santiagoetapas). É imprescindible incluír na publicación a etiqueta #santiagoetapas2015 xunto a @ZonaCocaCola e o nome do establecemento no que se efectúa o consumo.

Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago
Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago | Fonte: santiagoetapas.com

Locais participantes no Santiago(é)Tapas

A distribución por rutas dos establecementos é a seguinte:

A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, Cre-Cottê, A Cuchara do Villar, Central, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Coruña, A Senra Raíña, 25 de julio, La Jefatura, The Seafood Bar, Lusco & Fusco, Gaia e AC Palacio del Carmen. Esta (é)tapa está apadriñada por Grupo Reboreda Morgadío da D.O. Ribeiro.

Na (é)tapa Praza de Cervantes reúnense: Cervantes, Rey, Hervor & Fervor, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Mamá Peixe, Resas, Casa Pepe, Arco de Mazarelos, SCQ, O Piorno, Caldeirería 26, Xuntaza e A Curtidoría. Adegas Pazo do Mar, da D.O. Ribeiro, apadriña esta (é)tapa.

Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Albarella, La Industrial, Caney, El Bocalino,  Reno, El Estudio, El Muelle, Antollos, O París, Azul, Negreira ‘O Patata’, Porta Faxeira, La Catedral, A Casa da Collona e Bodegón de Xulio. Esta (é)tapa está apadriñada por Adega Pousadoiro.

A (é)tapa Praza Roxa suma a: QCafé A Quinta da Auga, A Nave de Vidán, O Ferro, Galipizza, La Bodeguilla de Santa Marta, Siro González, Artesana, Castelao, J de Joker, La Cavita, Vivacce, Entre Pipos , Singulario, Adgelo e Tryp Santiago. Bodegas Alanís apadriñan esta (é)tapa.

Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: La Bodeguilla de San Lázaro, A Casa da Viña, A Grella, A Cantina do Gaiás, A Moa, O Afiador, La Barrika, O Catro, Bicoca, La Croquette e Medusa. Finca Viñoa, da D.O. Ribeiro é quen apadriña esta (é)tapa.

Premios do Santiago(é)Tapas 2015

Nove son os galardóns que se entregarán na oitava edición do Santiago(é)Tapas.

O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.

Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ´15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e máis o premio á "Tapa con máis chispa", creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners e que ten de premio 30 caixas de produto.

Nesta edición do Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos dende Estrella Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa conta con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán  diploma e 100 euros en produto.

Existe un acordo de colaboración con Renfe polo cal os visitantes que se acheguen a Compostela en Alvia - Longa Distancia, por mor do Santiago(é)Tapas ou Cineuropa, poderán gozar dun desconto dun 30% no prezo dos seus billetes entre os días 17 e 25 de novembro.

Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrella Galicia e Turkish Airlines.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mazaricos

Mmmmm... que ben o vou pasar en Santiago esta finde!!! Con todo, para min, o mellor, un clásico: licor café e orella no Bar Orella da Raíña.