Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2015 | Actualizada ás 11:00
Galicia está a cola en canto á calidade sanitaria. Iso se se teñen en conta os datos do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) elaborado por Merco e auditado de maneira indpendiente pola empresa KPMG. E é que só un hospital, o Complexo Hospitalario da Coruña, atópase como número 16 nunha lista de 30 centros hospitalarios de todo o Estado.
Novamente, o Hospital Universitario de La Paz de Madrid e o Hospital Clínic de Barcelona repiten por segundo ano consecutivo como hospitais públicos con maior reputación en España. De feito, este estudioo mostra como Madrid e Barcelona aglutinan os centros públicos máis recoñecidos a nivel español. A Clínica Universidade de Navarra, pola súa banda, volve ser o hospital privado máis valorado.
Entre os centros sanitarios máis reputados do Estado están o 12 de Outubro, o Gregorio Marañón, o Vall d'Hebrón, ou La Fe. Tamén destacan os hospitais privados madrileños HM Sanchinarro, Quirón de Madrid, HM Montepríncipe ou Sanitas A Zarzuela.
Para o devandito ranking realizáronse máis de 2.700 enquisas a persoal de Enfermaría (885), médicos especialistas (872), médicos de Atención Primaria (305), membros de asociacións de pacientes (402), xornalistas sanitarios (209) e farmacéuticos de hospital (51).
Ademais, analizáronse preto de 900 indicadores obxectivos de calidade e xestión clínica para hospitais e servizos clínicos, para o que preto de 70 grandes hospitais ofreceron todos os seus datos de xestión e GRD, ademais dunha avaliación de méritos reputacionales realizada polos técnicos do Instituto Análise e Investigación, responsables do traballo de campo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.