Localizan o corpo sen vida dunha muller dentro dunha piscina

O aviso foi dado polo fillo da vítima, que declarou que a súa nai caera accidentalmente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2025 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha muller foi localizado dentro da piscina da súa vivenda no municipio coruñés de Coristanco. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 10.30 horas deste domingo e foi un familiar da muller o que chamou para pedir axuda.

Na súa chamada á central de emerxencias detallou que a súa nai se caeu á piscina, que tiña pouca auga. Desta forma, ata o domicilio desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil. Unha vez no lugar, a Garda Civil, que investiga as causas do falecemento, solicitou a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press
112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta