Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2025 | Actualizada ás 20:07
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou este domingo xunto ás súas homólogas do Medio Rural, María José Gómez, e do Mar, Marta Villaverde, na camiñada solidaria en apoio á Asociación Española contra o Cancro de Lugo.
Neste contexto, a Xunta destacou nunha nota de prensa que Galicia incorporou o ano pasado 1.258 novos doadores de medula ósea. O total inscrito dispoñible ascende a 15.442 persoas, que son aquelas que se ofrecen a facer unha doazón en caso de ser compatibles cun paciente que o necesite.
Desde que en Galicia se comezaron a realizar transplantes de medula no ano 1993, son xa 4.470 as intervencións efectuadas na sanidade pública. En concreto, o pasado ano foron 10 os donadores efectivos de medula.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.