A Cidade da Cultura construirá un pequeno complexo de lecer infantil

Instalará unha zona de xogos coa forma dun dos grandes monstros mariños de Urbano Lugrís. A zona ubicarase ao norte dos edificios Museo e CINC e contará cun parque con árbores e fontes, nunha das subidas polo Bosque de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura quere atraer ao público máis novo. Non é a primeira vez que os espazos do Gaiás albergan espectáculos destinados aos nenos, pero a Fundación Cidade da Cultura quere ir máis alá e iniciou xa os trámites para a realización da redacción do deseño, proxecto, subministración e instalación dunha área de lecer infantil figurativa nos espazos libres do complexo.

Lugar onde se ubicaría o futuro parque infantil da Cidade da Cultura
Lugar onde se ubicaría o futuro parque infantil da Cidade da Cultura

Esta área, que se dividirá en dous espazos, terá que ser acorde “coa arquitectura e singularidade da Cidade da Cultura” e, “dalgún xeito, diferentes e non convencionais”, segundo recolle o prego do proxecto ao que tivo acceso GC. Unha delas estará ubicada nos espazos públicos ao sur do complexo, deseñada e equipada con “elementos de carácter máis abstracto e xeométrico”. Esta parte xa xa foi licitada o seu deseño e construción e está pendente de ser construída.

A outra ocupará un espazo público ao norte (na área denominada Extensión Norte), que
”pretende ser de carácter figurativo a partir de un elemento ou forma de forte presenza
física e icónica”. Por iso, pensouse nunha obra de Urbano Lugrís como elemento chamativo e integrado nun espazo infantil. Deste xeito, o “elemento principal, definitorio e icónico” será a construción dunha balea ou monstro mariño de grandes dimensións.

Este xogo terá dúas pezas (cabeza e cola emerxentes do chan), “grande boca e de cola vertical e enroscada no seu tramo superior”. O obxectivo é “reinterpretar a abstracción surreal
da forma do monstro mariño” na liña das obras do recoñecido pintor Urbano Lugrís, que
conta con varios exemplos de estes animais.

Neste caso, a Cidade da Cultura toma como referencia o que aparece no cadro que se exhibe na Casa dos Pescadores na localidade de Malpica na provincia de A Coruña. De feito, no anexo do prego do concurso figura xa un croquis co debuxo dun monstro de aproximadamente dous metros de altura da cabeza e de doce-catorce metros de altura máxima da cola. “Trátase de alturasaaproximadas, pero a proposta do licitador debe respectar ese carácter monumental da intervención”, engade.

Un dos monstros mariños de Urbano Lugrís serviría como zona de xogo na área de lecer da Cidde da Cultura
Un dos monstros mariños de Urbano Lugrís serviría como zona de xogo na área de lecer da Cidde da Cultura

Ademais de figura icónica e de referencia visual desde a distancia, a balea debe servir de
soporte para xogos infantís. Así, “a cabeza pode utilizarse para trepar pola súa superficie exterior, albergar unha casa ou cova no seu interior, dar soporte a un tobogán, etc; a cola pode servir para o ancoraxe de columpios ou redes para trepar, etc”. No espazo de lecer deben incorporarse tamén outros elementos de xogo, comerciais ou de deseño específico
para este parque, autónomos e de pequeno tamaño que permitan ampliar o rango de idade no seu uso polos rapaces, así como o pavimento específico para soportar as actividades do lugar. O conxunto custará case 150.000 euros, sen IVE.

Esta área ubicarase na extensión norte, que prolonga por esta orientación o conxunto de espazos públicos e prazas que discorren e articulan a Cidade da Cultura de norte a sur. Ao norte dos edificios Museo e CINC, a continuación da actual praza con estanque, bancos e fonte para beber e subindo as escaleiras e rampa, disponse da citada plataforma sensiblemente horizontal pavimentada con baldosas ou lastras (adoquíns) de formigón que albergará, ademais do parque infantil, un conxunto de bancos e de árbores.

A famosa balea de Urbano Lugrís serviría de xogo infantil na Cidade da Cultura
A famosa balea de Urbano Lugrís serviría de xogo infantil na Cidade da Cultura
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta