Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/07/2024 | Actualizada ás 14:23
Tras o inicio destas protestas na Limia, o presidente galego, Alfonso Rueda volveu defender os proxectos mineiros activos en Galicia, sempre e cando, dixo, cumplan coa normativa medioambiental. "Descoñezo quen son os promotores das protetas pero se temos recursos, e en todas as partes se aproveitan, pois hai que aproveitalos", dixo sobre este nova iniciativa que pretende extrar litio en minas a ceo aberto.
"Son posturas apriorísticas de que non se pode facer nada. Son os de semrpre que din o de sempre , que é que non se pode facer nada e que o fagan os demais", dixo sobre o inicio destas protestas. "Eu garanto un control rigurosos á hora explotar recursos naturais e non se farán se non se respectan as normas medioambientais", insistiu.
Con todo, volveu criticar a aquelas entidades e partidos políticos, nomeadamente en alusión ao BNG, que se amosan contrarios a todos estes proxectos. "Pero a postura de todo non, non é de recibo. E os que din que aquí non logo van e poñen de exemplo outros sitios onde si se fan estas cousas", criticou.
CRÍTICAS
Ecoloxistas en Acción solicitou xa á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación que se arquive a tramitación do proxecto de labores “NUEVO CIMA”, nos concellos de Verín e de Vilardevós, na provincia de Ourense, en diante denominado o “Proxecto”, porque dúas das cuadrículas mineiras solicitadas atópanse dentro do territorio nacional da República portuguesa.
Nun comunicado denuncia que todo o permiso se encontra na bacía do río Támega, curso fluvial internacional que flúe cara territorio portugués e desemboca no río Douro. "É evidente que calquera actuación que se realice sobre os cauces e ríos próximos á fronteira, pode ter un impacto considerable sobre a calidade e cantidade destas augas internacionais, así como do entorno protexido que comparten ambas nacións", indica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.