Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2024 | Actualizada ás 11:57
Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia sinala que a economía galega repuntó un 3,2% en maio en comparación co mesmo mes de 2023. Neste sentido, remarca que este valor reforza a senda alcista recuperada no mes de febreiro e alcánzase o valor máximo do ano 2022, explica nun comunicado.
"Como xa aconteceu co valor de abril, confírmanse as previsións optimistas coas que comezou 2024, dando mostra dun comportamento de actividade económica mellor das expectativas coas que se terminou 2023", afirma.
O Foro Económico indica que as previsións de crecemento da actividade económica galega "son optimistas en liña co contexto nacional".
Entre as variables, sobresae o transporte marítimo de mercadorías e a produción de turismo con incrementos superiores ao 30% interanual. En cambio, a cifra de negocios dos servizos é a que ten un peor comportamento, pois diminúe un 1% en termos interanuais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.