Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 20:32
O municipio ourensán de Leiro alcanzou durante esta xornada os 36,9ºC, a temperatura máis alta de Galicia que ten varios puntos en alerta amarela por calor.
Segundo Meteogalicia, o mercurio alcanzou a máxima temperatura ás 17.20 horas deste xoves. Con todo, varios municipios da provincia de Ourense superaron os 35,5ºC.
Así, en Arnoia os termómetros chegaron aos 36,7ºC, en Verín aos 36,2ºC, en Ourense os 36ºC e en Vilamartín de Valdeorras os 35,9ºC.
As altas temperaturas, debidas á entrada dunha masa de aire cálido, puxeron en alerta amarela, desde as 15.00 horas ás 21.00 horas deste xoves, a Valdeorras e a conca do Miño en Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.